Saltar ao contido

A riqueza das nacións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A riqueza das nacións
 Título
    An Inquiry into the Nature and Causes of the Wealth of Nations (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Representa a
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
9 de marzo de 1776 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Open LibraryOL76827W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/035_37 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Obra dispoñible en
Wikidata C:Commons

Investigación sobre a natureza e as causas da riqueza das nacións, coñecida habitualmente como A riqueza das nacións (en inglés, The Wealth of Nations), é un tratado de referencia sobre economía política escrito polo pensador da Ilustración escocesa Adam Smith e publicado por primeira vez en marzo de 1776 en Londres.[1][2]

O libro analiza de xeito sistemático os mecanismos que xeran a prosperidade nacional, postulando que a riqueza dun país non deriva do ouro acumulado nin dos balances mercantís, senón da produción anual de bens e servizos posibilitada polo traballo produtivo.[3] Smith presenta a división do traballo como o principal motor das ganancias de produtividade, ilustrado a través do exemplo dunha fábrica de alfinetes, na que a especialización multiplica de xeito notable a produción por traballador en comparación coa fabricación individual.[4] Critica as políticas mercantilistas —como as restricións comerciais, as subvencións e os monopolios coloniais— que distorsionan os mercados e frean o crecemento, defendendo no seu lugar o libre comercio e a competencia como vías para asignar os recursos de xeito eficiente.[5][6]

Central no marco de Smith é o concepto da «man invisible», polo cal os individuos que perseguen os seus propios intereses en mercados libres favorecen involuntariamente o benestar público a través de intercambios voluntarios, sen necesidade dunha dirección central.[7] A obra tamén explora teorías do valor arraigadas nos insumos de traballo, os papeis da acumulación de capital e do progreso tecnolóxico á hora de sosteren o crecemento, e as funcións óptimas do goberno, limitadas á defensa, á xustiza e ás infraestruturas básicas. A riqueza das nacións sentou as bases do liberalismo económico clásico, influíndo en pensadores e políticas posteriores favorables á desregulación e á liberalización do mercado por riba do control estatal.[8]

A riqueza das nacións cobre unha variedade de temas económicos chave. Entre outros:

No Libro I:

No libro II: sinálase por exemplo que o máis importante para un país que medra é o capital, definido como unha masa monetaria dispoñible grazas ao aforro. Segundo Smith este aforro invértese inmediatamente sen distinguir entre aforro e investimento.

Nos libros III e IV: trátase a relación histórica do progreso das riquezas e das diferentes teorías económicas, así como unha crítica ao mercantilismo.

No libro V: trátanse as finanzas públicas e exponse as súas ideas sobre as partidas de gastos públicos que considera lexítimas de acordo coa súa opinión xeral das funcións do goberno. O seu estudo da forma de recadar os ingresos públicos constitúe o punto de partida de toda a teoría liberal da tributación.

Mercantilismo

[editar | editar a fonte]

O libro é de cando en cando descrito como unha crítica o mercantilismo e a síntese do emerxente pensamento económico dos tempos de Smith. Especificamente, a Riqueza das Nacións ataca, entre outras cousas, dúas maiores doutrinas do mercantilismo:

  1. A idea de que o proteccionismo serve os intereses económicos da nación (incluso para calquera propósito), e
  2. A idea de que grandes reservas de ouro ou calquera outro metal precioso son necesarios para acada-lo éxito do país.

Esta crítica do mercantilismo foi usada máis tarde por David Ricardo cando escribe a Teoría da Vantaxe Comparativa.

O concepto da Man Invisible

[editar | editar a fonte]

A "Man Invisible" é un tema referenciado acotío no libro, aínda que sexa especificamente mencionado unha soa vez. A idea que sostense detrás é que, a un nivel, a xente beneficia a comunidade o seu arredor simplemente actuando polo seu propio interese, sen unha conciencia de axuda ó servizo da comunidade. Noutras palabras, interese propio iguálase con interese xeral:

Non é da benevolencia do carniceiro, o cervexeiro, ou o panadeiro, do que podemos espera-la nosa cea, se non do seu propio interese.
Libro 1, Capítulo 2

Este concepto semella paragóxico, e foi fonte de controversia. De certo, a controversia continúa ata hoxe. Ademais están os conceptos relixiosos, que predican que o interese propio é pecado, e a caridade é o mellor xeito de servir os intereses da comunidade), e os políticos de Esquerda. Existen dúas características importantes no concepto da "man invisible", que normalmente míranse con máis profundidade. A primeira é que Smith non proclama unha política social (a xente debería actuar polo seu propio interese), senón que describe a realidade (a xente faino polo seu propio interese). A segunda, Smith non proclama que todo o propio interese ten efectos beneficiosos na comunidade, simplemente desenvolve un discurso contra a visión de que sempre o propio interese é necesariamente malvado. De feito, moitas veces critica a aqueles que actúan puramente no seu propio interese e alerta que, "[T]odo para nós mesmos, e nada para a outra xente, semella, en tódalas idades do mundo, ter sido a máxima vileza dos gobernantes da humanidade." (Libro 3, Capítulo 4)

E merece salientar que, trala súa morte, Smith doa moita da súa propia fortuna persoal a caridade.

Noutro eixo, a "man invisible" refírese á habilidade do mercado para corrixir de seu situacións sen intervención por parte do goberno ou calquera outra organización (xa que Smith non empregaba este termo con ese significado). Por exemplo, Smith di que se ocorrese unha mingua na produción, o prezo das mercadorias medraría, creando o incentivo necesario para a súa produción, e minguando o seu consumo, curando eventualmente a carestía. A crecente competición entre fabricantes e o crecemento da oferta baixaría tamén o prezo do produto ata o seu prezo de produción, engadindo un pequeno beneficio, o "prezo natural". Smith cría que mentres as motivacións das persoas son egoístas e interesadas, a competición do mercado libre tende a beneficiar a sociedade enteira de tódolos xeitos. Isto foi adoptado despois como o principio dos economistas laissez-faire no século XIX.

Máis adiante na obra, na Riqueza das Nacións, Smith amosa unha seria desconfianza na clase dos comerciantes. Sente que os membros desa clase, especialmente actuando conxuntamente nos Gremios poden constituír unha forma de bloqueo e manipulación do estado para regular "intereses especiais" contra o interese xeral: ""Xente do mesmo eido comercial rara vez reúnense xuntos, incluso para a diversión, pero cando o fan, a conversación remata nunha conspiración contra o público, ou nun pacto para amañar os prezos." (Libro 1, Capítulo 10)

O termo "man invisible" citase máis tarde nunha porción do libro:

preferindo a axuda do domestico á industria estranxeira, pensa soamente na súa propia seguridade, e dirixindo a industria dun xeito tal como o seu produto poida acadar o valor más alto, pensa soamente no seu propio beneficio, e está nisto, como noutros moitos casos, conducidos por unha man invisible para acadar un fin que no foi nunca a súa intención
Libro 4, Capítulo 2

Meritocracia

[editar | editar a fonte]

Meritocracia é un tema moi forte no traballo. Máis concretamente, Smith salienta a importancia crítica de permitir ós individuos levar a cabo ó que os seus "talentos outorgados por deus" lles permita acadar, sen interferencia de forzas externas na busca de beneficios socias. Smith razoa que esas forzas externas levan a ineficiencia na división do traballo, e leva a un atraso xeral no progreso.

  1. "An Inquiry into the Nature and Causes of the Wealth of Nations". Econlib. Consultado o 04/08/2026.
  2. "Inquiry Into the Nature and Causes of the Wealth of Nations". Bauman Rare Books. Consultado o 04/08/2026.
  3. "The Wealth of Nations". Adam Smith Institute. Consultado o 04/08/2026.
  4. "Adam Smith". University of Glasgow. Consultado o 04/08/2026.
  5. "Ask the expert: Adam Smith’s writings help us understand our modern economy". Michigan State University. Consultado o 04/08/2026.
  6. "Working Paper No. 99, Adam Smith and the American Experiment". Portland State University. Consultado o 04/08/2026.
  7. "Adam Smith’s Wealth of Nations: 4 Key Economic Theories". History Hit. Consultado o 04/08/2026.
  8. "Adam Smith on Money, Mercantilism and the System of Natural Liberty". Trinity University. Consultado o 04/08/2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]