Crítica ó capitalismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Portada da primeira edición de 1867 do libro Das Kapital de Karl Marx. O libro contén unha crítica da economía política.

O capitalismo foi criticado dende moitas perspectivas durante a súa historia. As críticas varían dende xente a quen lles desagrada os principios do capitalismo na súa integridade até aqueles que discrepan cos resultados particulares do capitalismo. Entre os que desexan substituír o capitalismo cun método diferente de distribuír os bens, pódese facer unha distinción entre aqueles que cren que o capitalismo só pode ser superado cunha revolución (por exemplo, a revolución socialista) e aqueles que cren que o cambio pode vir paseniño por medio do reformismo (por exemplo, a democracia social). Algunhas críticas recoñecen méritos no capitalismo e buscan equilibrar o capitalismo con algunha forma de control social, tipicamente a través de regulación gobernamental (por exemplo, o Partido Laborista do Reino Unido).

Historia[editar | editar a fonte]

As críticas orixínanse pouco despois do xurdimento do capitalismo moderno. Segundo as críticas contemporáneas, a rápida industrialización trala revolución industrial creou condicións laborais consideradas inxustas, incluíndo 14 horas de traballo diario, explotación infantil e asentamentos informais.[1] Algunhas novelas populares xurdiron durante este tempo tendo unha visión pesimista da revolución industrial, como é o caso dalgunhas escritas por Charles Dickens. Os economistas modernos optimistas argumentaban que as condicións foran aínda peores con anterioridade e que a evidencia empírica mostraba que mesmo a revolución industrial temperá incrementou a media dos estándares de vida e a expectativa de vida. Os economistas modernos máis pesimistas argumentaron que as condicións non melloraron ou só o fixeron lentamente despois de 1840.[2]

Algúns pensadores temperáns socialistas rexeitaron o capitalismo por completo, tentando crear comunidades socialistas libres das inxustizas percibidas como propias do capitalismo temperán. Entre estes "socialistas utópicos" atopábase Charles Fourier e Robert Owen. Outros pensadores socialistas argüían que o socialismo non podía ser posto en funcionamento antes de que as forzas históricas creasen as condicións axeitadas e viron a revolución industrial como un novo sistema que podía potencialmente producir suficientes bens para a poboación humana enteira, pero que era obstaculizado polo seu método ineficiente de distribuír bens. En 1848, Karl Marx e Friedrich Engels publicaron o Manifesto Comunista, un panfleto que bosquexou unha crítica política e económica do capitalismo, baseada na filosofía do materialismo histórico. Dende entón, o seu manifesto converteuse nun dos libros máis influentes. Un coetáneo de Marx, o mutualista Pierre-Joseph Proudhon foi un dos primeiros en chamalo anarquista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Condition of the Working Class in England". 
  2. Clark Nardinelli, economista de la Administración Norteamericana de Alimentos y Drogas. "Industrial Revolution and the Standard of Living". The Library of Economics and Liberty.