Max Weber

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Maximilian Weber
Max Weber 1894.jpg
Max Weber en 1894
Europa Occidental - Século XIX/Século XX
Nacemento 21 de abril de 1864
Erfurt, Reino de Prusia
Morte 14 de xuño de 1920
(55 anos)
Múnic Alemaña Alemaña
Filosofía Antipositivismo
Intereses principais Filosofía, historia, economía, política, socioloxía
Influencias Immanuel Kant
Alexis de Tocqueville
Friedrich Nietzsche
Wilhelm Dilthey
Heinrich Rickert
Georg Simmel
Werner Sombart
Hermann Baumgarten
Sigmund Freud.
Influente en Karl Jaspers
Talcott Parsons
Ludwig von Mises
György Lukács
Theodor W. Adorno
Jürgen Habermas
Joseph Schumpeter
Clifford Geertz
Ralf Dahrendorf
C. Wright Mills
Cornelius Castoriadis.

Maximilian Weber, nado o 21 de abril de 1864 en Erfurt e finado o 14 de xuño de 1920 en Múnic, foi un economista e sociólogo alemán, considerado un dos fundadores do estudo moderno antipositivista, da socioloxía e da administración pública.

Obra[editar | editar a fonte]

O seus traballos máis importantes céntranse na socioloxía da relixión e no goberno, mais tamén escribiu moito sobre economía.

A súa obra máis importante é A ética protestante e o espírito do capitalismo. Weber argumentou que a relixión fora unha das razóns máis importantes que influíu na diferenciación de Occidente e de Oriente. Noutra das súas obras máis coñecidas Politik als Beruf, Weber definiu o Estado como unha entidade que posúe o monopolio do uso lexítimo da forza, esta teoría coñeceuse posteriormente como Tese de Weber. Tamén é de destacar o seu estudo da burocratización da sociedade, mo que describe a burocratización como o cambio dunha organización baseada nos valores e na acción cara a outra organización baseada nos obxectivos e na acción.

Traxectoría[editar | editar a fonte]

Nado na antiga Prusia foi o maior dos oito fillos dun avogado e político procedente dunha familia de industriais do téxtil. personalidade destacada do Partido Liberal Nacional na época de Bismarck.

Webber comezou os seus estudos de Dereito na Universidade de Heidelberg. Tamén estudou noutras universidades, como a de Berlín, onde se dedicou principalmente á Historia. Contodo, doutorouse en Dereito en 1889 e axiña entrou a formar parte do corpo de profesores da institución berlinesa. Leccionou Economía nas universidades de Friburgo (1894) e de Heidelberg (1896). Por razóns de saúde abandonou a docencia en 1903, pero reincorporouse en 1918.

Tamén se ocupou da redacción dunha das primeiras revistas dedicadas á socioloxía, Archiv für Sozialwissenschaft und Sozialpolitik. En 1905 apareceu o máis famoso dos seus estudos, A ética protestante e o espírito do capitalismo. Xa en 1909 fundou, xunto con Ferdinand Tönnies e Georg Simmel, a Asociación Alemá de Socioloxía.

Weber na política[editar | editar a fonte]

No eido político foi un liberal democrático e reformista, participando na fundación do Partido Demócrata Alemán. No seu momento foi crítico coa política expansionista do seu país antes e durante a Primeira Guerra Mundial, o que lle deu unha certa influencia unha vez finalizado o conflito, sendo nomeado parte do comité de expertos que representou o goberno Alemán na Conferencia de Paz de París de 1918 e colaborador de Hugo Preuss na redacción da Constitución da República de Weimar en 1919.

Entre os seus escritos políticos destaca o artigo Parlament und Regierung im neugeordneten Deutschland publicado en 1918 e no que defende o parlamentarismo.

Weber abandonou a política debido aos conflitos coa dereita en 1919 e 1920, cando moitos dos seus colegas e estudantes o desprezaron polo seu discurso e posición de esquerda asumido durante a revolución alemá de 1918 e 1919. De feito, houbo estudantes que chegaron a realizar protestas fronte á súa casa.

Por outra banda, o firme anticomunismo de Weber e o reclamo insistente por unha política agresiva de imperialismo alemán valéronlle críticas da maioría dos marxistas alemáns. Weber desilusionou aínda máis a esquerda cando un dos seus estudantes, Carl Schmitt (1888-1985), desenvolveu o concepto de «Estado total». As cartas persoais e profesionais de Weber amosan tamén un desgusto considerable polo antisemitismo da súa época.

Pensamento[editar | editar a fonte]

Weber aplicou a investigación sociolóxica a diversos campos: política, dereito, economía, música e relixión. Xunto con Karl Marx, Vilfredo Pareto, Ferdinand Tönnies e Émile Durkheim, Weber foi un dos fundadores da socioloxía moderna. Mentres Pareto e Durkheim traballaron na tradición positivista seguindo os postulados de Auguste Comte, Weber creou e traballou nunha tradición antipositivista, idealista e hermenéutica, igual que Werner Sombart, o seu amigo e nese momento o representante máis célebre da socioloxía alemá. Estes traballos iniciaron a revolución antipositivista nas ciencias sociais, que marcou a diferenza entre estas e as ciencias naturais, especialemente debido ás accións sociais dos homes. Os primeiros traballos de Weber estaban relacionados coa socioloxía industrial, pero son máis coñecidos os seus últimos traballos sobre a socioloxía da relixión e a socioloxía do goberno.

Obras[editar | editar a fonte]

  • 1889: Zur Geschichte der Handelsgesellschaften im Mittelalter
  • 1891: Die römische Agrargeschichte in ihrer Bedeutung für das Staats- und Privatrecht
  • 1891–1892: Die Verhältnisse der Landarbeiter im ostelbischen Deutschland. Die Verhältnisse der Landarbeiter in Deutschland, geschildert auf Grund der vom Verein für Socialpolitik veranstalteten Erhebungen
  • 1895: Freiburger Antrittsvorlesung Der Nationalstaat und die Volkswirtschaftspolitik
  • 1896: Die sozialen Gründe des Untergangs der antiken Kultur. En Die Wahrheit
  • 1904:
    • Die 'Objektivität' sozialwissenschaftlicher und sozialpolitischer Erkenntnis. En: Archiv für Sozialwissenschaft und Sozialpolitik
    • A ética protestante e o espirito do capitalismo.[1] En: Archiv für Sozialwissenschaft und Sozialpolitik
  • 1909: Agrarverhältnisse im Altertum. En: Handwörterbuch der Staatswissenschaften
  • 1910: Enquete über das Zeitungswesen
  • 1915–1919: Die Wirtschaftsethik der Weltreligionen
  • 1918: Parlament und Regierung im neugeordneten Deutschland. Zur politischen Kritik des Beamtentums und Parteiwesens
  • 1919:
    • Wissenschaft als Beruf
    • Politik als Beruf
  • 1920–1921: Gesammelte Aufsätze zur Religionssoziologie (3 volumes)

Postumamente publicáronse:

  • 1921–1924:
    • 1921: Gesammelte Politische Schriften
    • 1922: Gesammelte Aufsätze zur Wissenschaftslehre
    • 1924: Gesammelte Aufsätze zur Sozial- und Wirtschaftsgeschichte
    • 1924: Gesammelte Aufsätze zur Soziologie und Sozialpolitik
  • 1921: Die rationalen und soziologischen Grundlagen der Musik
  • 1922: Compilación Wirtschaft und Gesellschaft
  • 1922: Die drei reinen Typen der legitimen Herrschaft. En: Preußische Jahrbücher
  • 1923: Wirtschaftsgeschichte

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A ética protestante e o espírito do capitalismo". USC. Consultado o 28 de febreiro de 2017.