Xosé María Castroviejo
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde outubro de 2020) |
Xosé María Castroviejo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 4 de marzo de 1909 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 23 de marzo de 1983 |
Lugar de falecemento | Tirán |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor e xornalista |
Pai | Amando Castroviejo Nobajas |
Cónxuxe | María Francisca Bolívar Sequeiros |
Fillos | once [1] |
Irmáns | Concha Castroviejo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé María Castroviejo Blanco-Cicerón, nado en Santiago de Compostela o 4 de marzo de 1909 e finado en Tirán (Moaña) o 23 de marzo de 1983[2], foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Amando Castroviejo e irmán de Concha Castroviejo, así como neto por parte de nai do arqueólogo carlista Ricardo Blanco-Cicerón[3][4]. Pasou a súa infancia e mocidade no lugar de Paizás (parroquia de Trobe, no concello de Vedra)[5], e sobre esa etapa escribiu o libro de recordos Memorias dunha terra (Ed. Galaxia, 1973).
Estudou dereito e filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Lión[6], onde estivo cunha bolsa de ampliación de estudos en 1931. Durante a súa época de estudante en Santiago pertenceu á Federación Universitaria Escolar. Na súa mocidade foi carlista, como o seu avó, e formou parte do grupo cruzadista.[7] Posteriormente foi membro das Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS)[8][9] e de Falanxe. Está considerado un dos intelectuais que formaron parte do núcleo inicial de Falange.[10]
Desde 1935 exerceu como profesor de economía política e facenda pública da Universidade de Santiago de Compostela. Logo do alzamento nacional uniuse ás forzas sublevadas, e combateu no exército «nacional».[11] Desde 1937 foi director do xornal El Pueblo Gallego,[12][8] pertencente á Prensa do Movemento. Colaborou con outras publicacións falanxistas, como Vértice,[13] Amanecer,[14] La Voz de España,[15] ou a revista Escorial,[16][17]. Recibiu varios premios polos seus traballos xornalísticos.[6]
A súa obra literaria adoita ser incluída na chamada Antoloxía poética do Alzamento.[18] Unha das súas primeiras publicacións, Altura (1939),[19] tivo unha boa acollida no momento da súa publicación.[11] Tamén cultivou a prosa, seguindo o estilo de Álvaro Cunqueiro,[20] con quen escribiu o libro Viaje por los montes y chimeneas de Galicia.[2]. Xunto a Cunqueiro publicou tamén a obra gastronómica Teatro venatorio y coquinario gallego (1958).[21] Castroviejo escribiu tamén unha peza teatral, Don Quijote.[22] Colaborou na revista Nós (nº 91, xullo de 1931), co poema "Noroeste". Defendeu o uso da lingua galega fronte a Juan Aparicio, director xeral de Prensa, que consideraba un snobismo que Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega traducisen a este idioma o filósofo nacionalsocialista Martin Heidegger.
Obra[editar | editar a fonte]
En galego[editar | editar a fonte]
- Tempo de outono e outros poemas, 1964, Galaxia.
- Memorias dunha terra, 1973, Galaxia.
En castelán[editar | editar a fonte]
- Altura, 1939
- Mar del Sol, poemas de un diario a bordo, 1940
- Los paisajes iluminados, 1945
- Apariciones en Galicia, 1955, Porto y Cía. Editores
- La burla negra, 1955
- Galicia: guía espiritual de una tierra, Madrid, 1960
- Las tribulaciones del cura de Noceda, Barcelona, 1970
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Teatro venatorio y coquinario gallego, 1958, Espasa. Con Álvaro Cunqueiro.
- Viaje por los montes y chimeneas de Galicia, 1962, Espasa. Con Álvaro Cunqueiro.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en 1938 con María Francisca Bolívar Sequeiros, filla de Tomás Bolívar Massó.[23]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Entre eles Javier Castroviejo Bolívar.
- ↑ 2,0 2,1 Ánxel Vence (26 de marzo de 1983). "La muerte de Castroviejo priva a Galicia de uno de los supervivientes peculiares de su cultura literaria". El País (en castelán).
- ↑ "Castroviejo y Nobajas, Amando Ricardo (1874-1934)". Diccionario de catedráticos españoles de Derecho (1847-1943). Universidad Carlos III de Madrid. 19 de outubro de 2015.
- ↑ "Los recuerdos: Luz y sombra del carlismo". La Vanguardia Española: 13. 3 de decembro de 1972.
- ↑ "Parroquia a parroquia: Santo André de Trobe". Concello de Vedra. Consultado o 19 de febreiro de 2019.
- ↑ 6,0 6,1 Bleiberg, Ihrie & Pérez 1993, p. 355.
- ↑ "Desde Santiago". El Cruzado Español: 2. 29 de novembro de 1932.
- ↑ 8,0 8,1 Rodríguez Puértolas 2008a, p. 220.
- ↑ Michonneau & Núñez Seixas 2014, p. 130.
- ↑ Martín Puerta 2013, pp. 241-242.
- ↑ 11,0 11,1 Arellano & et al. 2004, p. 680.
- ↑ Santos Gayoso 1990, p. 565.
- ↑ Fernández Soria 1984, p. 234.
- ↑ Fernández de Miguel 2012, p. 184.
- ↑ Pike 2008, pp. 107, 176.
- ↑ Fuentes 2006, p. 74.
- ↑ Martín Puerta 2013, p. 263.
- ↑ Blanco Aguinaga & et al. 2000, p. 351.
- ↑ Blanco Aguinaga & et al. 2000, p. 361.
- ↑ Rodríguez Puértolas 2008a, p. 561.
- ↑ Rodríguez Puértolas 2008b, p. 682.
- ↑ Gómez García 1998, p. 169.
- ↑ David García (5 de novembro de 2013). "Fallece a los 98 años la viuda de José María Castroviejo". Faro de Vigo (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Castroviejo Blanco-Cicerón, Xosé María". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 236.
- "Castroviejo Blanco-Cicerón, José María". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 269.
- Fernández del Riego, F. (1971) [1951]. Historia da literatura galega (2ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia.
- Fernández Soria, Juan Manuel (1984). Educación y cultura en la guerra civil: España 1936-39. NAV.
- Gómez García, Manuel (1998). Diccionario Akal de teatro. Akal. ISBN 9788446008279.
- Mainer, José Carlos (1971). Falange y literatura. Barcelona: Editorial Labor.
- Martín Puerta, Antonio (2013). El franquismo y los intelectuales: La cultura en el nacionalcatolicismo (en castelán). Encuentro.
- Méndez Ferrín, X. L. (1984). De Pondal a Novoneyra. Xerais. pp. 98–99. ISBN 84-7507-139-2.
- Michonneau, S.; Núñez Seixas, X. M. (2014). Imaginarios y representaciones de España durante el franquismo (en castelán). Casa de Velázquez. ISBN 9788415636656.
- Rodríguez Puértolas, Julio (2008a). Historia de la literatura fascista española I. Ediciones Akal.
- ————————— (2008b). Historia de la literatura fascista española II. Ediciones Akal.
- Santos Gayoso, E. (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986 I. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Villavedra, Dolores (coord.): Diccionario da literatura galega, Vol 1, Galaxia, Vigo, 1995, p. 133.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Xornalistas de Santiago de Compostela
- Enciclopedistas de Galicia
- Carlistas
- Falanxistas
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Nados en Santiago de Compostela
- Nados en 1909
- Finados en 1983
- Profesores da Universidade de Santiago de Compostela
- Poetas de Galicia
- Poetas en lingua galega
- Poetas en lingua castelá