Gallego & Rey
Gallego & Rey é un dúo de humoristas gráficos madrileños formado por José María Gallego López (Madrid, 1955) e Julio Rey Melijosa (Madrid, 1955).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Coincidiron en Diario 16, onde Pedro J. Ramírez os puxo xuntos, un encargándose dos guións e o outro dos debuxos. Desde entón (1981), traballaron xuntos, converténdose nunha das firmas máis importantes do panorama do humor gráfico de España.
En 1985, idearon unha serie de humor gráfico para Diario 16 que chamaron 16, Rue del Pecesbarba baseada nos cómics de Francisco Ibáñez 13, Rue del Percebe. O seu deseño, a unha páxina, incluía o edificio do Congreso dos Deputados coa fachada seccionada do mesmo xeito que os cómics de Ibáñez, onde se podían ver varias caricaturas de personaxes políticos: Felipe González, Alfonso Guerra, Manuel Fraga, Santiago Carrillo… A serie tivo tal repercusión, que o fabricante de xoguetes catalán Tomás Fanjul comercializou uns bonequiños de PVC baseados nesas caricaturas, co nome de Los Monclis, que constou de oito figuras e dous especiais representando aos sindicalistas Nicolás Redondo Urbieta e Marcelino Camacho.
A serie volvería entre 1987 e 1988 co nome dos bonequiños, Los Monclis, e volverían máis figuriñas de políticos até ben entrados os anos 90.
De Diario 16 pasaron a El País (1989), pero o deixaron aos poucos meses para volver ao seu diario orixinal, que abandonan de novo para ir a El Mundo, que acababa de fundar Pedro J.
Tamén debuxaron unha viñeta nos informativos de Telecinco e colaboran habitualmente con El Jueves, Marca e outras publicacións.
Foron galardoados co Premio da Asociación Nacional de Informadores Gráficos de Prensa, o Premio Tono, o Premio Internacional de Humor Gat Perich, e son profesores de honra da Universidade de Alcalá.
Obra de Gallego & Rey é o debuxo das portadas da Biblioteca de Autores Galegos do Diario 16 de Galicia, que representa a Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas, Manuel Curros Enríquez, Eduardo Pondal e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ao redor dun enorme libro no que están a pintar con pintura azul a Bandeira de Galicia.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Curriculum de Galego y Rey" Archivo del humor. El Mundo (en castelán).
- Jose A. Serrano. Guía del Cómic Arquivado 11 de abril de 2020 en Wayback Machine. (en castelán).
- Humoristán, el museo digital del humor gráfico Fundación Gin (en castelán).