Saltar ao contido

Federico Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFederico Pérez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de setembro de 1976 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Alemaña Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1853380 BNE: XX5589175 Editar o valor en Wikidata

Federico Pérez Rey, nado en Alemaña o 11 de setembro de 1976, é un filólogo, humorista, guionista e actor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Alemaña de pais galegos e criouse en Mazaricos, de onde é orixinaria a súa familia.[1] Comezou a facer teatro na súa xuventude e estudou Filoloxía galega en Santiago de Compostela. Ao rematar a carreira traballou como asesor lingüístico na serie Mareas vivas, na que tamén apareceu como actor nalgún capítulo.[2] Pasou logo a traballar en Terra de Miranda como asesor lingüístico e tamén como guionista, tarefa esta última que tamén realizou en Pequeno Hotel, O rei da comedia, As leis de Celavella, Máxima Audiencia, Zapping Comando e O show dos Tonechos.[3] A súa faceta como actor cobrou máis importancia a partir de 2003 aparecendo como secundario en series de televisión e filmes como Un paso adelante, Pepe Carvalho, Libro de familia, As leis de Celavella, O show dos Tonechos, Los hombres de Paco, Pepe o inglés ou a gañadora do Óscar Mar adentro, da que foi tamén asesor lingüístico.[4][5]

Entre 2007 e 2009 foi un dos actores do programa de sketchs Air Galicia, polo que foi nomeado por primeira vez aos Premios Mestre Mateo na categoría de Mellor actor protagonista, e desde 2008 e ata 2014 interpretou a Josito Raña na serie de éxito Padre Casares. Durante ese tempo tivo tamén outros papeis en numerosas series e filmes, en Galicia e fóra dela, como 18 comidas (traballo polo que foi nomeado ao Mestre Mateo a mellor actor secundario), Retornos, Piratas, Matalobos, Outro máis, Encallados ou Os fenómenos. Fóra da pantalla representou a obra de teatro O florido pénsil, de Andrés Sopeña Monsalve, xunto aos actores Alfonso Agra, Josito Porto, Morris e Pico,[6] e percorreu Galicia co seu monólogo titulado Ración de Breogán.[7]. Dende 2011 a 2019 deu vida a Moncho en Era visto!, papel polo que foi nomeado seis anos consecutivos ao Mestre Mateo ao Mellor actor protagonista.

En 2015 iniciou un novo traballo teatral, representando a obra Presidente, de José Luis Prieto, xunto a César Goldi e Iolanda Muíños entre outros.[8] En 2016 actuou por toda Galicia co cómico Xosé Antonio Touriñán, nun espectáculo no que interpretaban aos detectives Curtis e Teixeiro.[9][10] Tamén ese ano apareceu de xeito episódico nas series Cuéntame cómo pasó e La que se avecina. En 2017 interpretou o tenente Guillermo Sanesteban durante os trece episodios da serie de Antena 3 Tiempos de guerra.[11] En 2018 participou no filme Trote, de Xacio Baño, traballo polo que foi galardoado como mellor actor secundario na 17ª edición dos Premios Mestre Mateo.[12][13] Ademais tivo un pequeno papel no filme A sombra da lei e comezou unha xira co tamén humorista Pepo Suevos representando o espectáculo A culpa é do sistema.[14] Ao ano seguinte apareceu como secundario en Eroski Paraíso e no derradeiro episodio da terceira tempada da serie La casa de papel. En 2020 traballou na serie de TVE Néboa.

En 2026 copresentou os Premios Mestre Mateo en Lugo.[15]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É irmán da historiadora Nancy Pérez, que foi parella sentimental do mito da Nova Trova Cubana Pablo Milanés durante os últimos anos da vida deste.[16]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Como actor

[editar | editar a fonte]

Televisión

[editar | editar a fonte]

Como guionista

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
AnoCategoríaTítuloResultado
2007Mellor actor protagonistaAir GaliciaNomeado
2010Mellor actor secundario18 comidasNomeado
2011Mellor actor protagonistaEra visto!Nomeado
2012Nomeado
2013Nomeado
2015Nomeado
2016Nomeado
2017Nomeado
2018Mellor actor secundarioTroteGañador
  1. "Federico Pérez, actor con un algo de Lemmon y dos algos de ‘Era visto’". El Correo Gallego (en castelán). 2 de setembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 30 de marzo de 2020.
  2. "Federico Pérez: «A cultura e as manifestacións artísticas fan máis libre ao ser humano»". 24 de novembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2020. Consultado o 30 de marzo de 2020.
  3. "Currículo de Federico Pérez" (PDF). Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Consultado o 30 de marzo de 2020.
  4. Ficha do autor na Asociación de Actores e Actrices de Galicia
  5. "Ficha de Federico Pérez". IMDb (en inglés). Consultado o 30 de marzo de 2020.
  6. "O ton cómico de 'O Florido Pénsil' axuda a contar o que pasou na posguerra". El Correo Gallego. 30 de marzo de 2012. Consultado o 8 de marzo de 2022.
  7. Graña, Ángel (7 de xuño de 2013). ""Los gallegos damos siete vueltas antes de ir a un sitio"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 31 de marzo de 2020.
  8. "'Presidente', de José L. Prieto, o novo proxecto teatral co que Federico Pérez xira por Galicia". 12 de outubro de 2015. Consultado o 31 de marzo de 2020.
  9. "Federico Pérez y Xosé Antonio Touriñán: "A nosotros nos da estabilidad la desestabilidad del país en el que vivimos"". Faro de Vigo (en castelán). 24 de novembro de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2020.
  10. "Federico Pérez e Xosé A. Touriñán convértense de novo nos detectives Curtis e Teixeiro". 15 de outubro de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2020.
  11. "Entrevistamos a Federico Pérez, el teniente médico Guillermo Sanesteban en 'Tiempos de guerra'" (en castelán). 25 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2020. Consultado o 30 de marzo de 2020.
  12. "Mellor interpretación masculina de reparto: FEDERICO PÉREZ". CRTVG. 2 de marzo de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2020.
  13. "“La sombra de la ley” triunfa en los Mestre Mateo al acaparar diez galardones". El Ideal Gallego (en castelán). 3 de marzo de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2020.
  14. "Federico Pérez e Pepo Suevos, de xira con 'A culpa é do sistema'". 3 de abril de 2018. Consultado o 31 de marzo de 2020.
  15. Bran, Vanesa (2026-03-22). "As películas con ADN lucense 'Antes de Nós' e 'Sirat' brillan nos Mestre Mateo". El Progreso de Lugo. Consultado o 2026-03-22.
  16. Alvite, Xosé Ramón (23 de novembro de 2022). "«Aquí Pablo Milanés era máis coñecido como o xenro de Federico que por ser una lenda da música»" (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023.
  17. "As bestas (2022)" (en castelán). Consultado o 2022-11-25.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]