Marta Doviro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marta Doviro
Nacemento1984
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Marta Pérez Torre, de nome artístico Marta Doviro, nada en Santiago de Compostela en 1984, é unha actriz e presentadora de televisión galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criouse entre Muxía e Corcubión e con 17 anos volveu a Santiago, onde estudou tres anos de Farmacia. Nesta etapa gañou o concurso de moda local organizado por El Corte Inglés e quedou finalista en dúas ocasións no concurso de moda Top Área Central. Logo deses tres anos decidiu mudar para Ourense onde finalmente se diplomou en Deseño de Produtos.[Cómpre referencia]

Logo desta etapa universitaria mudou para A Coruña onde estivo traballando no departamento de mercadotecnia da firma galega de moda Caramelo.[1]

Presentou A mochila do viaxeiro en V Televisión, traballo polo que foi nomeada a un Premio Mestre Mateo no ano 2011 na categoría de Mellor Comunicadora. Na Televisión de Galicia presentou De quen vés sendo? en 2013, Somos ben curiosos en 2015 [2] e Máis galego nos veráns de 2014 e 2015 polo que foi finalista, de novo na categoría de mellor comunicadora, dos Mestre Mateo 2014.

Tamén presentou xunto a actriz Isabel Blanco o programa Especial 30 anos de Series da TVG e acompañou a Xosé Ramón Gayoso copresentando Luar en xullo do 2015. Ese mesmo verán retransmitiu en directo as fogueiras de San Xoán nun programa especial da TVG xunto a Lucía Rodríguez Vázquez e Bernardo Montaña.[Cómpre referencia]

No ámbito da interpretación participou como "Doutora Pita" na serie de televisión Luci e deu vida a "Olalla" na serie Pazo de Familia desde a súa incorporación na 3ª temporada.[Cómpre referencia]

En 2016-2017 presentou Feirantes[3] e Gastrópodos, cociña en ruta na TVG.[4]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Título Resultado
2011 Mellor comunicador A mochila do viaxeiro Nomeada
2014 Mellor comunicador Máis galego Nomeada

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]