Vilaoudriz, A Pontenova
Coordenadas: 43°20′18.9″N 7°11′19.4″O / 43.338583, -7.188722
Vilaoudriz | |
---|---|
Concello | A Pontenova[1] |
Provincia | Lugo |
Poboación | 108 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Vilaoudriz é unha parroquia do concello lucense da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2013) conta 108 habitantes (58 homes e 50 mulleres).
Historia[editar | editar a fonte]
No século XIX iniciouse a explotación dos xacementos de limonita por parte dunha sociedade vasca, explotación que continuou ata a guerra civil española. A importancia desta actividade provocou a construción en 1905 da liña Ribadeo - Vilaoudriz de ferrocarril para transportar o mineral cara ao embarcadoiro de mineral de Ribadeo. Os fornos das minas foron construídos con ladrillos da próxima fábrica de Sargadelos, situada no concello de Cervo. As minas achábanse maioritariamente nesta parroquia, mentres que os fornos de calcinación foron construídos na futura parroquia veciña da Pontenova[2].
En 1961 constituíuse a parroquia da Pontenova, segregándose os seus lugares de Vilaoudriz e Vilameá.[3]
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Vilaoudriz[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia da Vilaoudriz no concello da Pontenova (Lugo) | |
---|---|
Parroquias da Pontenova[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Clodio González Pérez (16/08/2008). El Correo Gallego, ed. "Os fornos da Pontenova". Consultado o 26 de agosto de 2014.
- ↑ "Pontenova, A, Sagrado Corazón". Diocese de Mondoñedo-Ferrol (en castelán).