Libro de horas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Páxina dun Libro de Horas británico, o Book of Hastings, ca. 1470

Un libro de horas, aínda que cada un sexa único, contén unha colección de textos litúrxicos, de oracións e de salmos, con as ilustracións correspondentes, constituíndo unha escolma básica para a práctica da relixión católica. É o tipo máis corrente de obra medieval con ilustracións miniadas ou iluminuras.

Na súa forma orixinaria o libro de horas non recollía senón os textos apropiados para as horas litúrxicas. Co tempo, o texto foi enriquecido con datos como un calendario con os rezos e as misas para certos días festivos.

Como numerosos libros de horas están ilustrados, constitúen a fonte dunha importante documentación iconográfica da vida, en especial para os séculos XV e XVI, e tamén sobre o cristianismo tardomedieval.

Desde finais do XV, foron impresos libros de horas, realizados por xeral con técnicas xilográficas.

O máis célebre dos libros de horas é posibelmente Les Très Riches Heures du Duc de Berry, realizado polos irmáns de Limbourg entre 1412 e 1416 por encargo do duque de Jean I de Berry , e que tamén encargou Les Petites Heures de Jean de Berry, Les belles heures du Duc de Berry ee Les Riches heures du Duc de Berry.

Con frecuencia ao longo do XVI, o libro de horas era o primeiro e único libro que se compraba. Porén estes libros impresos, menos luxuosos, eran denominados, sinxelamente, "devocionarios".


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Libro de horas

Outros artigos[editar | editar a fonte]