Tiro de corda
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atención: este artigo precisa dun traballo de revisión.
|
O tiro de corda[1] é un xogo popular que se practica especialmente nos territorios denominados tradicionalmente como Euskalerria, onde recibe o nome de sokatira en éuscaro constituíndo unha das modalidades do deporte rural vasco .
No Soka tira dous equipos formados por 8 xogadores corpulentos, que vestidos con cores distintivas representan a dúas localidades ou aldeas, compiten tirando cada un dos extremos dunha soga por arrastrar ao equipo opoñente obrigandole a traspasar unha liña mediana.
O soka-tira require tanto forza como destreza xa que os compoñentes de cada equipo deben coordinarse para resistir ao contrario á vez que estar atentos a calquera erro destes que poida ser aproveitado para desestabilizalos e arrastralos.
Tradicionalmente practicábase en prazas empedradas e frontóns, pero actualmente as competicións entre clubs fanse sobre herba, por influencia da práctica noutros países.
[editar] Nota
- ↑ Forma empregada pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional