Gustavo V de Suecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSúa Maxestade Editar o valor em Wikidata
Gustavo V de Suecia
Nome orixinal(sv) Gustaf V Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(sv) Oscar Gustav Adolf Bernadotte Editar o valor em Wikidata
16 de xuño de 1858 Editar o valor em Wikidata
Drottningholm
Morte29 de outubro de 1950 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Drottningholm
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Gripe Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaRiddarholmskyrkan 59°19′29″N 18°03′53″L / 59.3247, 18.0647 Editar o valor em Wikidata
Cargos
Rei de Suecia
Período8 de decembro de 1907 - 29 de outubro de 1950
AntecesorÓscar II de Suecia
SucesorGustavo VI Adolfo
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Uppsala Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca , aristócrata , tenista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua sueca Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaSuecia Editar o valor em Wikidata
Deportetenis Editar o valor em Wikidata
Modalidade Partido de tenis enllaç=enllaç= enllaç= Récord persoal
Hall of fame Fitxa HOF Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei (1907–1950)
Príncipe da Coroa (pt) Traducir (1872–1907)
Príncipe Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Bernadotte Editar o valor em Wikidata
CónxuxeSophie Marie Viktoria von Baden
FillosGustavo VI Adolfo, Eurico da Suécia (pt) Traducir, Guilherme da Suécia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisÓscar II de Suecia Editar o valor em Wikidata  e Sofia de Nassau (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsÓscar, Conde de Wisborg (pt) Traducir, Carlos, duque de Västergötland (pt) Traducir e Eugénio, duque de Närke (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
xuño de 1941Midsummer crisis (en) Traducir
6 de febreiro de 1914Courtyard Speech (en) Traducir
6 de febreiro de 1914Peasant armament support march (en) Traducir
febreiro de 1914Courtyard Crisis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Bernadotte-13 Find a Grave: 8509169 Editar o valor em Wikidata


Gustavo V de Suecia, nado en Drottningholm o 16 de xuño de 1858, finado no mesmo lugar o 29 de outubro de 1950, foi rei de Suecia entre 1907 e 1950. Era o fillo máis vello dos reis Óscar II e Sofía de Nassau. Casou o 20 de setembro de 1881 con Vitoria de Baden.

Gustavo V converteuse en príncipe herdeiro de Suecia e Noruega en 1872. Foi rei de Suecia desde 1907 (Noruega separouse en 1905) e sería o último monarca con poder efectivo no goberno, cedendo ante os cambios constitucionais que fixaban unha monarquía parlamentaria. Non obstante, involucrouse constantemente na política interna e externa, confrontándose en máis dunha ocasión co goberno parlamentario, ante o adverso escenario que experimentou Suecia nas dúas guerras mundiais. Con 43 anos no poder, o seu goberno foi o máis longo dun monarca na historia de Suecia (Magnus Eriksson estivo 45 anos, mais 12 destes non tivo parte activa no goberno debido á súa minoría de idade). Era de carácter conservador e mantivo certa política de achegamento diplomático con Alemaña e algúns líderes nazis.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

O príncipe Óscar Gustavo Adolfo naceu un 16 de xuño de 1858 no palacio de Drottningholm, sendo fillo dos daquelas duques de Östergötland, os príncipes Óscar e Sofía. Foi bautizado na Igrexa do Castelo de Estocolmo o 12 de xullo, e foille outorgado o título de Duque de Värmland.

En outubro de 1869, comezou a súa educación primaria xunto cos seus dous irmáns máis novos no colexio Beskowska, en Estocolmo. A familia estableceu a súa residencia no Palacio do Príncipe Herdeiro e os veráns adoitábaos pasar no Castelo Sofiero, co duque Óscar. Nos seus primeiros anos, o príncipe Gustavo foi de constitución débil, pero a súa constante educación física, converteríano nun home alto, esvelto, atlético e lonxevo.

Príncipe herdeiro[editar | editar a fonte]

Príncipe Gustavo.

A partir do 18 de setembro de 1872, cando faleceu o rei Carlos XV e o duque Óscar converteuse no novo monarca, Gustavo foi nomeado príncipe herdeiro dos reinos de Suecia e Noruega. Desde entón a familia mudouse ao Palacio Real de Estocolmo e Gustavo abandonou a escola da súa infancia para levar unha educación particular no palacio.

En 1877, comezou a súa educación superior na Universidade de Uppsala, e ese mesmo ano, encargouse por primeira vez do goberno durante unha viaxe do seu pai. Na universidade estudou latín, economía nacional, historia nórdica, historia da arte, dereito procesal e ciencia política. Ao mesmo tempo levaba a súa educación militar en Suecia e en Noruega. Aos dezasete anos era subtenente, e en 1898 chegaba ao rango de xeneral.

Adquiriu relevancia internacional cando no seu papel de príncipe herdeiro organizou a Exposición de Estocolmo de 1897. Participou politicamente nos turbulentos anos seguintes: para solucionar o conflito parlamentario de 1887 entre liberais e conservadores que abarcaba discusións sobre o dereito ao sufraxio universal e a tensión das relacións con Noruega tras a súa separación.

Catro xeracións Bernadotte: detrás, o príncipe herdeiro Gustavo (esquerda) e seu fillo o príncipe Gustavo Adolfo (futuro rei Gustavo VI Adolfo); no centro, o rei Óscar II co pequeno príncipe Gustavo Adolfo.

O príncipe foi o primeiro presidente da Asociación Central Sueca para o fomento do deporte, fundada en 1897 e antecesora da actual Real Federación Deportiva Sueca. A Asociación organizou os xogos nórdicos por primeira vez en 1901 e construíu o Estadio Olímpico de Estocolmo para os Xogos Olímpicos de 1912, que foi inaugurado polo propio Gustavo, xa convertido en rei.

Mantivo unha activa vida social e diplomática. Xunto co seu pai o rei Óscar, pronunciouse a favor da unión e solidariedade entre os reinos nórdicos e xogou un papel importante no fortalecemento das relacións co Reino Unido.

En 1878 Gustavo iniciou unha viaxe ao estranxeiro que duraría un ano. En 1879 obtivo o título de Doutor en Dereito Civil pola Universidade de Oxford e visitou varias familias reais. Nesa viaxe coñeceu á súa futura cónxuxe Vitoria de Baden, sendo a petición de man e o compromiso matrimonial en marzo de 1881.

O 20 de setembro de 1881 celebrouse a voda coa princesa Vitoria na igrexa do castelo de Karlsruhe. Os príncipes herdeiros terían tres fillos:

  1. Gustavo Adolfo (1882-1973), duque de Escania e rei de Suecia.
  2. Guillerme (1884-1965), duque de Södermanland.
  3. Erik (1889-1918), duque de Västmanland.

Os príncipes realizaron varias viaxes a partir de 1890, entre elas unha a Exipto. En 1898, a princesa Vitoria enfermou e por motivos de saúde tivo que viaxar frecuentemente a Roma.

Rei de Suecia[editar | editar a fonte]

Gustavo V.

O 8 de decembro de 1907, Gustavo V sucedeu a seu pai como rei de Suecia. Por iniciativa propia decidiu que o monarca sueco xa non tiña que ser coroado. Por lei, o rei estaba impedido para intervir en política, mais Gustavo decidiu enfrontarse ao primeiro ministro Karl Staff, de formación liberal. O rei opúxose, en concordancia coas clases altas do país e un sector considerable de campesiños, á política pacifista de Staff que trataba de impedir o armamentismo de Suecia fronte a unha inevitable guerra en Europa. A marcha labrega de 1914 en favor do rei e o discurso político de Gustavo V nesa ocasión provocou a dimisión de Staff en protesta pola intromisión ilegal do monarca na vida política.

Primeira guerra mundial[editar | editar a fonte]

O 18 de decembro de 1914 Gustavo V organizou o encontro dos tres reinos en Malmö, xunto cos demais gobernos nórdicos, onde se pronunciou a favor da solidariedade nórdica fronte ás potencias europeas e da política de neutralidade na primeira guerra mundial. Así Gustavo V trataba de pór fin aos rumores que falaban dun arrimo a Alemaña, pois entre 1911 e 1914, os reis Gustavo e Vitoria apoiaran a alianza militar con Alemaña.

Nos anos da guerra en Europa, Suecia foi sacudida por duros acontecementos, entre eles a fame negra no campo, o abrollo dunha epidemia de gripe española e o afundimento dun buque sueco polos alemáns en 1916. En 1918 faleceu o fillo máis novo do rei, o príncipe Erik, vítima da epidemia.

Período de entreguerras[editar | editar a fonte]

A saúde da raíña Vitoria empeorou neses momentos, e tivo que estar un tempo máis prolongado no estranxeiro, e Roma e Baden-Baden convertéronse no seu segundo fogar. A raíña faleceu en Villa Svezia, a súa casa en Roma o 4 de abril de 1930.

Despois da guerra mundial, Gustavo V dedicouse á súa política báltica, que incluía a incorporación das illas Åland a Suecia. Opúxose en certa medida ás sancións económicas que se fixaron para Alemaña no tratado de Versalles, e expresou en máis dunha ocasión a súa preocupación polos gromos comunistas en Europa. No parlamento, a esquerda ameazou con cambios constitucionais e en 1918 o rei tivo que aceptar o parlamentarismo, que debilitou considerablemente a monarquía sueca.

Nos inicios da década de 1930, Suecia viuse afectada pola crise económica mundial. En 1931, Adolf Hitler e Goebbels foron convidados a expoñer conferencias en Estocolmo, invitados polo líder nacionalsocialista sueco Birger Furugård. O permiso foi denegado polo goberno sueco.

Coa invención da radio, Gustavo V converteuse no primeiro monarca sueco en falar directamente cos seus súbditos por este medio, e de feito, utilizouno con frecuencia, como no discurso do 27 de outubro de 1936, o día dos países nórdicos, onde chamou á unidade entre os escandinavos. En 1937 Adolf Hitler prohibiulle aos alemáns aceptar os premios Nobel, situación que evidenciou as malas relacións entre ambos países, que Suecia tratou de distender dada a súa inferioridade militar.

O rei Gustavo V xunto co seu neto o príncipe Gustavo Adolfo (esquerda) e Hermann Göring (centro) en Berlín en 1939.

Tanto o rei como o príncipe herdeiro participaron en reunións con líderes da Alemaña nazi. Aínda que se tratou de vincular estes feitos con presuntas simpatías nazis do rei, outras versións interpoñen os motivos diplomáticos. Entrevistouse con Hitler en Berlín en 1933, ao que lle demandaría suavizar a súa política persecutoria cara aos xudeus. A petición de Franklin Delano Roosevelt, en 1938 participou en negociacións co fin de asegurar a paz co goberno alemán.

Segunda guerra mundial[editar | editar a fonte]

O 3 de setembro de 1939, ao pouco de estalar a Segunda guerra mundial o goberno de Suecia, encabezado por Per Albin Hansson, adoptou formalmente unha política de neutralidade, decisión que foi cualificada de "sensata" polo ministro alemán de exteriores Joachim von Ribbentrop en 1940. O rei Gustavo uniuse a esta decisión, e convocou os gobernos dos catro estados nórdicos (esta vez incluída Finlandia) a unha reunión o 18 de outubro de 1939. Nesa reunión, Gustavo emprazou a establecer unha posición neutral conxunta e a colaboración económica e humanitaria entre os países nórdicos. Cando Noruega se viu involucrada no conflito, Gustavo V avogou pola axuda a este país, en prol do compromiso adquirido na reunión de 1939. Esta posición puxo o rei nunha situación de confrontación parcial co primeiro ministro.

O rei Gustavo recibiu con desagrado a presión que exerceu Alemaña sobre o rei Haakon VII de Noruega para que este abdicara. O mesmo ano de 1940, o goberno alemán esixiu dereito de libre tránsito das súas tropas por territorio sueco. O 17 de xuño, Gustavo V enviou un telegrama a Hitler, no que lle demandaba "moderación" en canto ás esixencias de dimisión a Haakon VII. O rei apelou á súa consanguinidade coa familia real norueguesa.

Ao primeiro ministro Per Albin Hansson, o rei pedíalle que aceptara o paso de tropas alemás polo norte de Suecia rumbo a Finlandia e incluso ameazou con depor a coroa se non accedía ás peticións nazis, pois iso implicaría un conflito con Alemaña. Tanto o rei como o príncipe herdeiro Gustavo Adolfo pronunciáronse posteriormente a favor do tránsito de tropas aliadas en Suecia, o que foi rexeitado polo goberno parlamentario. Mais o 8 de xullo, o ministro Hansson decidiu permitir o tránsito de tropas alemás, argumentando que o permiso non implicaba a entrada no conflito. Non obstante, esa circunstancia, que tratou de manterse en segredo, puxo en risco a neutralidade de Suecia na guerra.

Facendo uso do seu talento diplomático, o rei ofreceuse en agosto de 1940 como mediador para posibles negociacións de paz entre Reino Unido e Alemaña. No seu aniversario 85, en 1943, ofreceu un discurso no que daba a súa visión acerca da súa función na política; segundo el, en casos normais un monarca constitucional debía manterse neutral nos aspectos políticos, pero en casos especiais, como nunha guerra, estaba obrigado a axudar ao seu país fronte ás adversidades.

Posguerra[editar | editar a fonte]

Despois da guerra, o rei comezou a viaxar constantemente a Niza, na Riviera francesa, onde permanecía por longos períodos. En 1948 festexou os seus 90 anos cunha grandiosa celebración. Nese tempo foi evidente a diminución física do monarca, e na apertura do parlamento de 1950 o trono estaba baleiro.

A mañá do 29 de outubro de 1950, Gustavo V faleceu no Palacio de Drottninglhom, a causa dunha bronquite que se lle complicou. O 9 de setembro tivo lugar o enterro na Igrexa de Riddarholmen, en Estocolmo. Culminou así o seu reinado de 43 anos.

Vida privada[editar | editar a fonte]

Foi un segredo oficial que o rei era homosexual e na súa vellez xa non se molestou en ocultalo. Unha suposta relación homosexual con Kurt Haijby desatou o chamado escándalo Haijby, durante o cal se demostrou que a coroa pagara grandes sumas de diñeiro para manter o silencio, e que se intentara botar a Haijby do país ou que se meteu a este inxustificadamente nun psiquiátrico. O rei non foi consciente probablemente destes feito ou polo menos non estivo implicado directamente, mais o escándalo desatouse no comezo dos anos 1950 cando o publicou Vilhelm Moberg.

Gustavo V foi un destacado xogador de tenis, deporte onde utilizaba en pseudónimo Mr. G. Obtivo fama internacional e o seu nome foi incluído no Salón Internacional da Fama do tenis en 1980. Nese tempo, o tenis era un deporte de escaso prestixio en Suecia, mais a participación do rei fixo que aumentara a súa popularidade. Gustavo coñeceu o deporte durante unha visita a Inglaterra en 1876 e tras o seu regreso a Suecia fundou o primeiro club no seu país. Nas súas viaxes á riviera francesa, foi visto xogando en múltiples ocasións. Durante a segunda guerra mundial, intercedeu ante Hitler para obter mellor trato para os campións Jean Borotta e Gottfried von Cramm, tenistas prisioneiros dos alemáns.

Foi nomeado membro da Orde do Vélaro de Ouro o 30 de xuño de 1881.

Rei de Suecia

Segue a:
Óscar II de Suecia
Gustavo V de Suecia
Precede a:
Gustavo VI Adolfo
Dinastía Bernadotte