EuroChallenge
A FIBA EuroChallenge (chamada FIBA Europe League entre 2003 e 2005, e FIBA EuroCup entre 2005 e 2008)[1] é unha competición de baloncesto organizada pola FIBA Europa, sendo a máxima competición masculina que organiza. Nesta competición se clasifican os mellores equipos de Europa que non se clasificaron para a Euroliga ou a Copa ULEB, isto é as competicións da Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB). Non debe confundirse coa FIBA EuroCup Challenge, a extinta segunda competición organizada pola FIBA Europa disputada entre o 2002 e o 2007.
Índice |
Historia [editar]
Co propósito de dar continuidade á histórica Copa de Europa, disputada por última vez co nome de Suproliga na tempada 2000-01, o torneo naceu na tempada 2003-04 coa denominación de Liga Europea da FIBA.
Ao consolidarse a Euroliga como máxima competición continental, en Novembro de 2004 a FIBA chegou a un acordo coa organización que representa aos equipos escindidos na tempada 2000-01 para recoñecela como sucesora da Copa de Europa e, á súa vez, renomear á súa Liga Europea como Eurocopa de cara á seguinte tempada, converténdose así na terceira competición en importancia no ámbito dos clubs europeos.
O trofeo que se lle entrega ao equipo campión é o mesmo que se empregaba a tal efecto durante a etapa da Copa de Europa. O Maccabi Tel Aviv gravou o seu nome na placa situada na base que acompaña ao trofeo ao gañar a Suproliga no 2001.
Sistema de Competición [editar]
A competición organízase do seguinte xeito:
- Unha primeira fase, na que participan 32 equipos, que se distribúen en oito grupos de catro cada un. Xógase a xeito de liguiña, de tal xeito que tódolos participantes encadrados nun mesmo grupo se enfrontan entre si en dúas ocasións (ida e volta). Os dous primeiros clasificados de cada un avanzan á seguinte fase.
- Unha segunda fase de 16 equipos, distribuídos en catro grupos de catro equipos. O sistema de competición é o mesmo da fase anterior e tamén se clasifican os dous primeiros.
- Un play off de cuartos de final ao mellor de tres partidos.
- Unha Final Four ou final a catro. Dispútanse dúas semifinais a partido único, cuxos vencedores se encontran na final. O vencedor deste último partido álzase co título de campión da competición.
Finais [editar]
| Ano | Campión | Finalista | Resultado | Sé |
|---|---|---|---|---|
| 2003-04 | 87–63 | |||
| 2004-05 | 85–74 | |||
| 2005-06 | 88–63 | |||
| 2006-07 | 79–72 | |||
| 2007-08 | 63–62 | |||
| 2008-09 | 77–75 | |||
| 2009-10 | 83–75 | |||
| 2010-11 | 83–77 | |||
| 2011-12 | 91–86 |
Final Four MVP [editar]
- 2003-04:
Martin Müürsepp - 2004-05:
Kelly McCarty - 2005-06:
Rudy Fernández - 2006-07:
Arriel McDonald - 2007-08:
Giedrius Gustas - 2008-09:
Keith Langford - 2009-10:
Taylor Rochestie - 2010-11:
Goran Ikonić - 2011-12:
Pops Mensah-Bonsu
Palmarés [editar]
Clubes [editar]
| Equipo | Título | Ano |
|---|---|---|
| 1 | 2003-04 | |
| 1 | 2004-05 | |
| 1 | 2005-06 | |
| 1 | 2006-07 | |
| 1 | 2007-08 | |
| 1 | 2008-09 | |
| 1 | 2009-10 | |
| 1 | 2010-11 | |
| 1 | 2011-12 |
Adestradores [editar]
| Adestrador | Títulos | Anos |
|---|---|---|
| 1 | 2003-04 | |
| 1 | 2004-05 | |
| 1 | 2005-06 | |
| 1 | 2006-07 | |
| 1 | 2007-08 | |
| 1 | 2008-09 | |
| 1 | 2009-10 | |
| 1 | 2010-11 | |
| 1 | 2011-12 |