Liga ACB 2008-09

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 2008-09 da Liga ACB foi a 26ª edición da máxima competición ligueira entre clubs de baloncesto que se xoga en España. Na final o Regal FC Barcelona derrotou ó Tau Cerámica, acadando o seu 15º campionato.

Composta por 17 conxuntos, a liga tivo unha tempada regular con 32 xornadas, e mais adiante tivo as eliminatorias polo título, á que tiveron acceso os 8 primeiros equipos na táboa. Pola contra, os dous últimos da táboa descenderon.

Tempada regular[editar | editar a fonte]

Así ficou a táboa clasificatoria ó remate da tempada regular:

Pos Equipo Xog G P P+ P-
1 TAU Cerámica 32 28 4 2865 2464
2 Regal FC Barcelona 32 26 6 2601 2278
3 Unicaja Málaga 32 24 8 2668 2325
4 Real Madrid CF 32 23 9 2690 2528
5 DKV Joventut Badalona 32 22 10 2647 2525
6 Kalise Gran Canaria 32 20 12 2566 2487
7 Pamesa Valencia 32 16 16 2452 2416
8 Iurbentia Bilbao Basket 32 15 17 2451 2492
9 Alta Gestión Fuenlabrada 32 15 17 2669 2639
10 Ricoh Manresa 32 14 18 2382 2503
11 CB Granada 32 12 20 2369 2516
12 Bruesa GBC 32 11 21 2448 2589
13 MMT Estudiantes 32 11 21 2473 2586
14 Cajasol Sevilla 32 10 22 2429 2641
15 CB Murcia 32 9 23 2347 2636
16 ViveMenorca 32 8 24 2281 2481
17 CAI Zaragoza 32 8 24 2383 2615
Lenda
Clasificados para Euroliga 2009-10
Clasificados para a Copa ULEB
Descendidos á Liga LEB

Xog = Encontros xogados; G = Encontros gañados; P = Encontros perdidos; P+ = Puntos a prol; P- = Puntos en contra; Dif = Diferenza de puntos

Rolda final[editar | editar a fonte]

Unha vez rematada a tempada regular, os oito primeiros conxuntos da táboa comezaron a disputa polo campionato. Nos cuartos de final e semifinais xogouse ó mellor de 3 encontros. Na final xogouse ó mellor de 5 encontros. É dicir, tralos 32 encontros da tempada regular, o campión aínda tivo que gañar 7 encontros para acada-lo campionato de liga. Así foron os enfrontamentos nas eliminatorias:

Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
  1 TAU Cerámica  2
  8 Iurbentia Bilbao Basket  0  
  1 TAU Cerámica  2
    4 Real Madrid CF  1  
  4 Real Madrid CF  2
  5 DKV Joventut  1  
  1 TAU Cerámica  1
    2 Regal FC Barcelona  3
  3 Unicaja Málaga  2
  6 Kalise Gran Canaria  1  
  2 Regal FC Barcelona  2
    3 Unicaja Málaga  1  
  2 Regal FC Barcelona  2
  7 Pamesa Valencia  0  


O campión da edición 2008-2009 da Liga ACB foi o Regal FC Barcelona.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]