Filadelfia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Philadelphia")

Coordenadas: 39°57′N 75°10′W / 39.950°N 75.167°W / 39.950; -75.167

Filadelfia
Philadelphia (en inglés)
Flag of Philadelphia, Pennsylvania.svg Seal of Philadelphia, Pennsylvania.svg
Philadelhpia Montage by Jleon 0310.jpg
Vistas da cidade
Situación xeográfica
Filadelfia en Estados Unidos
Filadelfia
Filadelfia
Filadelfia en Pensilvania
Filadelfia
Filadelfia
País Flag of the United States.svg Estados Unidos de América
Voivodato Pensilvania
Condado Condado de Filadelfia
Xeografía
Altitude 12 msnm
Superficie 367 km²
Poboación
Poboación 1.526.006 hab. (2010)
Densidade 4.393,8 hab/km²
Información
Código postal 191xx
Alcalde Michael Nutter (D)
Páxina web Páxina oficial de Filadelfia

Filadelfia (en inglés Philadelphia) é unha cidade estadounidense situada no condado de Filadelfia, Pensilvania. Segundo o censo de 2000, a poboación era de 1.517.550 habitantes, converténdoa na quinta cidade mais poboada de Estados Unidos.

Xeografía e poboación[editar | editar a fonte]

É a mais setentrional das cidades estadounidense en ser considerada dentro da zona climatica subtropical húmida. Os veráns son calorosos, outonos e primaveras tépedos e invernos fríos. A media de nevadas por ano é de 534 mm , aínda que esta cantidade é moi variable de ano en ano, presentándose invernos de só nevadas leves e outros con grandes tormentas de neve.

A conformación racial da cidade é de 45% brancos, 43,2% afroamericanos, 5,5% asiáticos, 0,3% amerindio 0,1% illas do pacífico e 5,8% doutras razas. Os hispanos ou latinos constitúen o 10,5% da poboación.

Historia[editar | editar a fonte]

Firma do tratado de paz en Shackamaxon.

En 1681, cando William Penn obtivo a concesión de Carlos II de Inglaterra do territorio despois chamado Pensilvania, o val do río Delaware onde pensou establecer unha vila capital era a terra dos indios lenapes da nación algonquina, quen tiñan alí un poboado chamado Shackamaxon.

No 1682, Penn firmou un tratado de amizade co xefe lenape, e inda que non tiña obriga, mercoulle a terra, todo porque a súa idea era establecer unha colonia utópica de paz e harmonía, unha cidade que non precisase murallas defensivas e que fose un lugar de comercio, progreso e coñecemento para todos sen discriminar a ninguén. Así o nome que lle deu foi Filadelfia (en grego "amor fraternal").

Plan de William Penn[editar | editar a fonte]

A Map of Philadelphia and Parts Adjacent vc6b.1.jpg

A planta da nova cidade (ao sur de Shackamaxon) foi a clásica cuadrícula hipodámica estendida rectangularmente, dúas millas ao longo por unha ao ancho, entre o Delaware e o seu afluente polo oeste, o Schuylkill. As augas do primeiro brindaban un protexido porto, e as do segundo unha vía de penetración na colonia que se estendía mais aló dos Apalaches, ata os Grandes Lagos.

Foi o primeiro plan con esta ambición e a esta escala nesta parte de Norteamérica. Dúas grandes e amplas avenidas (hoxe Market e Broad Street) cortaban a malla en catro cuadrantes cada un cun baleiro para parque, e no seu encontro no centro abríase unha gran praza cos edificios públicos significativos[1].

Tan ambicioso que ata case que o final do século XIX non foi completado. Pola contra, xa no século XVIII desbordouse na fronte ao Delaware cunha chea de peiraos[2][3]. Para o tempo da independencia era a cidade máis poboada das trece colonias. Pasaba por seren un centro do saber e a cultura ("Atenas de América", impulsado por Benjamin Franklin, que se establecera na cidade en 1723) ademais de ser famosa pola súa loita antiescravista e tolerancia relixiosa que atraeu xentes de toda Europa e afroamericanos do sur. Nese ambiente ilustrado desenrolouse un foco revolucionario.

Declaración da Independencia[editar | editar a fonte]

Dende 1753 o edificio da State House de Pensilvania (cun engadido que cumpría coma concello e outro coma futuro congreso) dominaba cos chapiteis das igrexas o perfil da cidade. Foi alí onde en 1776 se asinou a Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América. Entre outros asinantes figuraban Benjamin Franklin, John Adams e Thomas Jefferson. Despois, en 1790, a Declaración de Dereitos (constitución) e a capitalidade provisional da nova nación ata 1799 no que foi rematada Washington. O edificio presidíu dende entón a Independence Square aledaña a praza do sueste (futura Washington Square).

Industrialización: "taller do mundo"[editar | editar a fonte]

O século XIX foi para Filadelfia (a pesar da perda de importancia coma porto en beneficio de Nova York) o dun extraordinario crecemento froito dunha completa revolución industrial: téxtil, metalurxia, fabricación de papel e material ferroviario, construción naval, agro-alimentaria acompañada das necesarias infraestruturas: camiños, canais e ferrocarrís que a converteron no maior centro fabril dos Estados Unidos ("o taller do mundo" tiña por alcume). A máis, era o primeiro centro financeiro do país. Grandes continxentes de inmigración europea e afroamericana dos estados do sur arriban para fornecer a man de obra que se precisaba. Unha primeira ponte sobre o Schuylkill constrúese en 1804 continuando Market Street e permitindo o desenvolvemento de West Philadelphia[4][5][6].

As epidemias de fins do XVIII e a forte industrialización fixeron urxente un plan para o saneamento e abastecemento de augas da cidade (Fairmount Water Works, o primeiro e modelo para as cidades norteamericanas). De resultas do cal Filadelfia se dotou no seu ángulo noroeste, augas arriba do Schuylkill, duhna extensa zona verde, Fairmount Park[7], que co tempo se foi ampliando e dotando con instalacións de ocio (zoo) e institucións culturais (sinaladamente o Museo de Arte). Alí, co gallo do centenario da Independencia, celebrouse a Exposición Universal de 1876 (primeira fóra de Europa[8]).

Século XX[editar | editar a fonte]

Xurdiu a necesidade de unir o parque e o centro da cidade cunha gran avenida. Inspirada nos Campos Elisios de París, a Benjamin Franklin Parkway (1918[9][10]) foi a irrupción na trama ortogonal de Penn dun gran eixo diagonal enlazando o novo City Hall (rematado en 1884 na praza central[11]) co Museo de Arte (1928) , enriquecendo o seu percurso cunha serie de academias de ciencia e arte[12] (vg. o Museo Rodin).

En 1926, o Delaware Bridge (hoxe B. Franklin Bridge[13]) significou a primeira ponte de unión coa beira de New Jersey (Camden)[14]. E nos anos cincuenta levouse a cabo un proxecto que dende os trinta pretendía esponxar o vello centro histórico do lado do Delaware, cun parque ao redor da Independence Square (o Independence National Historical Park), ao que se uniu perpendicularmente outro plan (1962) que buscaba preservar conmemorativamente aqueles lugares e acontecementos que deran orixe á nación americana, o Independence Mall[15].

En xeral, o século pasado foi para a cidade o dun estancamento se non unha lenta decadencia no conxunto dos Estados Unidos. A obsolescencia do seu tecido industrial sen atopar un substitutivo axeitado e a corrupción municipal levárona a perder posicións entre as grandes metrópoles americanas.

Museos[editar | editar a fonte]

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Filadelfia

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.
Top of Rock Cropped.jpg
Nova York
East LA Basin from Mulholland.jpg
Os Ánxeles
Sears Tower from Hancock Observatory.jpg
Chicago
1 Nova York Nova York 8.274.527 11 Detroit Michigan 916.952
2 Os Ánxeles California 3.834.340 12 Jacksonville Florida 805.605
3 Chicago Illinois 2.836.658 13 San Francisco California 799.183
4 Houston Texas 2.208.180 14 Indianapolis Indiana 795.458
5 Phoenix Arizona 1.552.259 15 Columbus Ohio 747.755
6 Filadelfia Pensilvania 1.449.634 16 Austin Texas 743.074
7 San Antonio Texas 1.328.984 17 Fort Worth Texas 681.818
8 San Diego California 1.266.731 18 Memphis Tennessee 674.028
9 Dallas Texas 1.240.499 19 Charlotte Carolina do Norte 671.588
10 San Jose California 939.899 20 Baltimore Maryland 637.455
Datos do censo de 2007. Véxanse tamén as principais cidades segundo o censo de 2000