Calculadora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha calculadora científica convencional.

Unha calculadora é unha dispositivo que se emprega para realizar cálculos aritméticos.

Aínda que as calculadoras modernas incorporan a miúdo un ordenador de propósito xeral, deséñanse para realizar certas operacións máis que para ser flexíbeis. Por exemplo, existen calculadoras gráficas especializadas en campos matemáticos gráficos como a trigonometría e a estatística. Tamén adoitan ser máis portátiles que a maioría dos computadores, se ben algunhas PDAs teñen tamaños semellantes ós modelos típicos de calculadora.

No pasado, empregábanse como apoio ó traballo numérico ábacos, comptómetros, ábacos neperianos, táboas matemáticas, regras de cálculo e máquinas de sumar. O termo «calculador» úsase para facer referencia á persoa que exercía este traballo, axudándose tamén de papel e lapis. Este proceso de cálculo semi manual era tedioso e proclive a erros. Actualmente, as calculadoras son electrónicas e son fabricadas por numerosas empresas en tamaños e formas variados. Pódense atopar dende modelos moi baratos do tamaño dunha tarxeta de crédito ata outros máis custosos cunha impresora incorporada.

Unha das primeiras calculadoras mecánicas é o mecanismo de Anticitera.