Tim Berners-Lee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Tim Berners-Lee

Timothy John Berners-Lee, coñecido como Tim Berners-Lee, nado en Londres o 8 de xuño de 1955, foi o creador da WWW (World Wide Web) e é o actual director do World Wide Web Consortium.

Índice

Traxectoria [editar]

Os seus pais, matemáticos ambos os dous, traballaron xuntos no equipo que construíu o Manchester Mark I, un dos primeiros computadores. Ensináronlle a empregar as matemáticas en todas partes, mesmo cando comían. Estudou no Queen's College da Universidade de Oxford, onde construíu un computador cun soldador, un circuíto integrado TTL, un procesador M7800 e un televisor vello. Prohibíuselle o acceso ao ordenador da universidade a raiz de telo atopado "hackeando" cun amigo.

Desde 1976 traballou en Poole como programador nunha empresa dedicada aos semáforos coa súa muller, a quen coñecera en Oxford. Dous anos máis tarde mudou para outra empresa, para a que escribiu un sistema operativo e un programa de maquetación.

World Wide Web [editar]

Mentres traballaba como autónomo para o CERN en 1980, Berners-Lee propuxo un proxecto baseado no concepto do hipertexto para facilitar o proceso de compartición e actualización de información entre investigadores. Elaborou un prototipo chamado ENQUIRE.

Volveu ao CERN catro anos máis tarde, xa cun contrato. En 1989 o CERN era o nodo de internet máis grande de Europa e Berners-Lee viu a oportunidade de unir o hipertexto coa internet. Enviou unha proposta na que ligaba os conceptos de hipertexto, TCP e DNS. Unha versión mellorada coa axuda de Robert Cailliau foi aceptada ano ano seguinte. Deseñou e creou o primeiro navegador web e editor, chamado WordlWideWeb, en NEXTSTEP e o primeiro servidor web, chamado httpd.

O primeiro sitio web aloxouse en http://info.cern.ch e entrou en liña o 6 de agosto de 1991. Explicaba o concepto da Tea de Araña Mundial, como se podía navegar e como se instalaba un servidor web. Incluía o primeiro directorio web, xa que Berners-Lee mantiña unha lista doutros sistios web á parte do seu propio.

En 1994, Berners-Lee fundou o Consorcio da Rede Mundial (W3C) no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Nel participaban varias empresas dispostas a crear padróns e recomendacións que mellorasen a calidade da Web. En 2004 aceptou unha cátedra en Informática na Escola de Electrónica e Informática da Universidade de Southampton, desde a que traballa no seu novo proxecto, a Rede Semántica.

Berners-Lee puxo a súa idea a disposición de toda a humanidade de maneira libre e gratuíta, sen esixir patentes nen comisións. O Consorcio da Rede Mundial insiste en que os seus padróns deben estar baseados en tecnoloxía libre de cargos, de maneira que poida ser adoptada por calquera persoa.

Premios e outros recoñecementos [editar]

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]