Mecanismo de Anticitera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe orixinal do mecanismo de Anticitera
Estrutura do mecanismo de Anticitera
Reconstrución do mecanismo de Anticitera no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas (fabricado por Robert J. Deroski baseándose no modelo de De Solla Price)

O mecanismo de Anticitera é un obxecto que se cre é un aparello mecánico primitivo. Foi descuberto nos restos dun naufraxio preto da illa grega de Anticitera, entre Citera e Creta, e crese que data do ano -87.

Investigacións[editar | editar a fonte]

É un dos primeiros mecanismos de engrenaxes coñecido, foi deseñado para seguir o movemento dos corpos celestes. De acordo coas reconstrucións realizadas, trátase dun mecanismo que emprega engrenaxes diferenciais, o cal é sorprendente dado que os primeiros casos coñecidos ata o seu descubrimento datan do século XVI.

De acordo cos estudos iniciais levados a cabo polo historiador Derek J. de Solla Price (1922-1983), o dispositivo era unha computadora astronómica quen de predicir as posicións do Sol e da Lúa no zodíaco, aínda que estudos posteriores suxiren que o dispositivo era bastante máis "intelixente".

Empregando técnicas de tomografía lineal, Michael Wright, especialista en enxeñería mecánica do Museo de Ciencia de Londres, realizou un novo estudo do aparello. Wright atopou probas de que o mecanismo de Anticitera podía reproducir os movementos do Sol e da Lúa con exactitude, empregando un modelo epicíclico ideado por Hiparco, e de planetas como Mercurio e Venus, empregando un modelo elíptico derivado de Apolonio de Perge.

Porén, sospéitase que parte do mecanismo podería ter desaparecido, e que estes engrenaxes adicionais poderían representar os movementos dos outros tres planetas coñecidos na época: Marte, Xúpiter e Saturno. É dicir, que tería predito, cun grao máis que respectable de certeza, as posicións de todos os corpos celestes coñecidos na época.

Proxecto de investigación Antikythera[editar | editar a fonte]

O proxecto de investigación Antikythera, un equipo internacional de científicos con membros da Universidade de Cardiff (M. Edmunds, T. Freeth), Universidade de Atenas (X. Moussas. I. Bitsakis) e a Universidade de Tesalónica (J. S. Seiradakis), en colaboración co Museo Arqueolóxico de Atenas (E. Magkou, M. Zafeiropoulou) e a Institución Cultural do Banco de Grecia (A. Tselikas), empregando técnicas desenvolvidas por HP (T. Malzbender) e X-tex (R. Hudland) para o estudo do mecanismo de Antikythera, desenvolveu unha fotografía 3D baseándose en tomografía computerizada de alta resolución.

O resultado foi que se trata dunha calculadora astronómica que predí a posición do sol e a lúa no ceo. O artefacto amosa as fases da lúa en cada mes empregando o modelo de Hiparco. Ten dúas escalas en espiral que cobren o ciclo Calípico (Catro ciclos Meton, 4 × 19 anos) e o ciclo de Exeligmos (3 ciclos Saros, 3 × 18 años), predicindo as eclipses de sol e lúa. O mecanismo é aínda máis sofisticado do que se cría, cun inmenso nivel de enxeño no seu deseño.

Baseados na forma das letras gregas (H. Kritzas) estableceuse o ano de construción do aparello, entre os anos 150 e 100 a. C., máis antigo do que se estimaba.[1]

Fixación da datas dos Xogos Olímpicos[editar | editar a fonte]

No ano 2008, Philip Ball e Tony Freeth, publicaron na revista Nature que o aparello servía para fixar con exactitude a celebración dos Xogos Olímpicos na antigüidade. O interior do aparello contén unha inscrición que indica Nemea (en referencia a un dos xogos que foron máis importantes), e Olimpia. Con ditos diais fixábase con precisión a derradeira lúa chea máis próxima ao solsticio de verán cada catro anos, data na que se iniciaban os xogos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mecanismo de Anticitera

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]