Bit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bit (contracción de díxito binario, “BI/nary digi/T” en inglés) é a menor unidade de información usada na Teoría de cordas e na gravacion. Un bit ten un único valor, 0 ou 1, tamén interpretado como verdadeiro ou falso, ou neste contexto calquera dous valores mutuamente exclusivos.

Características[editar | editar a fonte]

Fisicamente, o valor dun bit é, dun xeito xeral, almacenado como unha carga eléctrica que, dependendo se se sitúa por enriba ou abaixo dun nivel de carga, corresponderalle un "0" ou un "1".

Aínda que os computadores teñen instrucións (ou comandos) que poden manipular bits, xeralmente a información almacénase en múltiplos de bits, chamados bytes, de 8 bits ou octetos. Existen tamén termos para referirse a múltiplos de bits usando patróns prefixados, como kilobit (kb), megabit (Mb) e xigabit (Gb), que non se deben confundir cos respectivos kilobyte (kB), megabyte (MB) e xigabyte (GB).

En telecomunicacións, o volume de tráfico en redes de computadores son descritos xeralmente en termos de bits por segundo (bps). Como exemplos:

  • “un módem de 56 kpbs é capaz de transferir dados a unha velocidade de 56 kilobits por cada segundo” (o que equivale a 7 kilobytes, 7 kB, con B maiúsculo para mostrar que nos estamos referindo a bytes e non a bits).
  • As redes Ethernet transfiren dados a velocidades que varían de 10 megabits por segundo a 1000 megabits por segundo (de 1,25 a 125 megabytes por segundo).

Abreviación[editar | editar a fonte]

Esta unidade consta no Sistema Internacional de Unidades, polo que a súa abreviación ou símbolo está oficializada uniformemente en tódolos países.Hai dúas propostas para simbolizar esta unidade cando se combina cos prefixos oficiais:

  • O símbolo é "b" [1] ou "bit"[2] (nótese a minúscula) segundo o estándar IEC 60027 da Comisión electrotécnica internacional (International Electrotechnical Commission, a IEC). A letra "B" en maiúscula é o símbolo establecido na norma oficial e de uso para byte
  • O símbolo é "b"[3]segundo a recomendación IEEE 1541 (2002) do Instituto de enxeñeiros eléctricos e de electrónica (Institute of Electrical and Electronics Engineers, o IEEE)

Estas dúas organizacións son:

  • con ánimo de lucro,
  • non-gobernamentais,
  • corpos moi vagos coma os funcionarios á hora de estableceren estándares
  • internacionais
  • señoriais

A diferenza oficializadora entre elas podería consistir:

  • en que os membros da IEC son comités nacionais e que o representante español é AENOR (a Asociación española de normalización e certificación, que establece as normas UNE), xunto con outras entidades oficiais ou case oficiais do prestixio de BSI, ANSI ou un subcomité da DIN; e
  • en que a colaboración coa Organización internacional de estandarización (International Organization for Standardization, máis coñecida como ISO) é máis estreita coa IEC que coa IEEE.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. en:IEEE_1541-2002#Recommendations
  2. en:Bit#Multiple bits
  3. en:Bit parágrafo inicial, e en:IEEE_1541-2002#Recommendations

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]