Alan Turing
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Alan Mathison Turing, nado en 1912 e finado en 1954, foi un matemático británico, vai traballar en campos como a informática teórica, a criptoanálise ou a intelixencia artificial. Considerado o pai da computación.
[editar] Traxectoria
Algunhas das súas principais achegas á informática teórica e á intelixencia artifical van ser a máquina de Turing, a computabilidade universal ou o test de Turing. Durante a Segunda Guerra Mundial traballou en descifrar os códigos nazis, en particular os da máquina Enigma, para iso baixo a súa dirección proxectouse o Colossus, computador que utilizaba símbolos perforados en fitas de papel que procesaba a unha velocidade de 25.000 caracteres por segundo.