Antikythira
| Antikythira - Αντικύθηρα | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Potamos |
| País | Grecia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | Illas Xónicas |
| Linguas | Grego |
| Poboación (2001) | 44 hab. |
| Superficie | 20´43 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 35°52′N 23°18′E / 35.867°N 23.3°E |
| Maior Altura | 378 m. |
| Localización | |
Antikythira (tamén escrito como Anticitera ou Antiquitera, do grego Αντικύθηρα Antikythera) é unha illa grega situada ao sur do Peloponeso e ao noroeste de Creta, cunha extensión de 20 km².
Historia [editar]
Na antigüidade, a illa de Antikythera foi coñecido como Aigila ou Ogylos. Entre os séculos 4 e 1 antes de Cristo, foi utilizada como base por un grupo de piratas cilicios ata a súa destrución por Cneo Pompeio Magno. O seu forte aínda se pode ver na cima dun cantil ao NE da illa.
Antikythera é famosa por ser o lugar do descubrimento en 1902 dos restos do naufraxio de Antikythera, do que foron recuperados o Efebo de Anticitera e o Mecanismo de Anticitera. O mecanismo de Antihythera é o máis antigo sistema mecánico de computación coñecido, datado no 87 a.C. Tal mecanismo é un conxunto de engrenaxes de bronce que permite calcular a posición dos astros nun calendario solar a modo dun astrolabio. Artefactos tecnolóxicos de complexidade similar non apareceron ata mil anos despois.
Antikythera é tamén un punto moi importante de parada para as aves migratorias durante os seus movementos estacionais, debido á súa posición xeográfica e características determinadas.