Richard Stallman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Richard Matthew Stallman, tamén coñecido polas súas iniciais RMS, nado o 16 de marzo de 1953 en Manhattan, é unha das figuras máis significativas do movemento do software libre a nivel internacional, e a miúdo é apodado o gurú do software libre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En Ourense no 2009

Stallman licenciouse en Física pola Universidade Harvard en 1974. Durante a carreira traballou no Laboratorio de Intelixencia Artificial do Massachusetts Institute of Technology (MIT), onde aprendeu a deseñar sistemas operativos. Escribiu o primeiro editor de textos extensíbel Emacs en 1975 e contribuíu para a investigación en intelixencia artificial.

En xaneiro de 1984 deixou o MIT, e farto do que el consideraba un abuso por parte da industria do software, anunciou a varios grupos de Usenet a súa intención de crear un sistema operativo completamente libre. De seguida publicou o Manifesto GNU, e creou a Free Software Fundation (“Fundación Software Libre” en inglés) para a coordinación dos esforzos para a creación do sistema operativo libre GNU.

Dende 1991, ano no que recibiu o premio Grace Hopper Award que entrega a Association for Computing Machinery por Emacs, foi nomeado doutor honorario de varias universidades de todo o mundo e recibiu numerosos premios. É o autor, ademais, da licenza Licenza Xeral GNU e dende mediados da década de 1990 lidera de forma activa o movemento polo software libre, tanto no desenvolvemento de aplicacións coma na divulgación dos ideais en que se basea o movemento.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Richard Stallman
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Richard Stallman

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]