Economía de Omán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Omán
Moeda Rial omaní
Organizacións comerciais de que fai parte OMC
Datos estatísticos[1]
PIB 69,43 mil millóns (2009)
Posición do PIB 80ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 2,6% (2009)
PIB per cápita $ 20.300 (2009)
PIB por sector agricultura 2,1%, industria 36,3%, comercio e servizos 61,6% (2009)
Inflación 5,3% (2009)
Poboación abaixo da liña da pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 968.800 (2007)
Forza de traballo por sector dato non dispoñíbel
Desemprego 15% (2004)
Industrias extrazón e refino de petróleo e gas natural, construción civil, cemento, mineración de cobre, aceiro, produtos químicos, fibra óptica
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 29,34 mil millóns (2009)
Produtos de exportación petróleo, reexportacións, peixe, metais, textis
Principais mercados República Popular de China 31,7%, Corea do Sur 17%, Emiratos Árabes Unidos 11,7%, Xapón 11%Tailandia 7,1% (2008)
Importacións 18,41 mil millóns (2009)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos de transporte, manufacturados, alimentos, lubrificantes
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 7 474 mil millóns (2009)
Receitas 18,75 mil millóns
Despesas 18,35 mil millóns

A economía de Omán mellorou significativamente dende 1999 co aumento do prezo do petróleo. Con todo, debido á disminución das reservas, o país desenvolveu plans que buscan diversificar a súa economía, atraer industrias e privatizar actividades, con vistas a diminuír a súa dependencia do petróleo a só 9% do PIB o ano 2020[1]. O turismo e as industrias alimentadas polo gas natural son os compoñentes principais da estratexia de diversificación do goberno. Ao adoptar técnicas de aumento da produtividade na extración, o país conseguiu aumentar a súa produción en 2009, gañando máis tempo para as súas estratexias de diversificación[1]. O goberno prosegue coas privatizacións de servizos públicos e coa creación de leis comerciais que faciliten o investimento externo e organizen o orzamento do país.

Notas [editar]