Dexter Pittman
| Memphis Grizzlies – No. 45 | |
| Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de marzo de 1988 (25 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
| Peso | 140 kg (308 lb) |
| Instituto | B. F. Terry HS |
| Información da carreira | |
| Universidade | Texas (2006–2010) |
| NBA Draft | 2010 / Rolda: 2 / Elección: 32
Escollido por Miami Heat |
| Carreira | dende 2010 |
| Historial de equipos | |
| Miami Heat (2010–2013) →Sioux Falls Skyforce (D-League) (2010–2011) →Sioux Falls Skyforce (D-League) (2012–2013) Memphis Grizzlies (2013–presente) |
|
| Premios e galardóns | |
| 1× Campión da NBA (2012) | |
| Información en nba.com | |
Dexter Jerome Pittman, nado o 2 de marzo de 1988 en Rosenberg, Texas, é un xogador americano de baloncesto profesional que pertence aos Memphis Grizzlies da National Basketball Association (NBA).
Índice |
NBA [editar]
Pittman foi seleccionado na 32ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Miami Heat. O 16 de xullo de 2010 asinou un contrato por 3 anos. O 26 de novembro, Pittman foi enviado á D-League a xogar cos Sioux Falls Skyforce para desenvolver as súas habilidades. O 18 de decembro, foi chamado outra vez por Miami. O 6 de xaneiro, voltou aos Skyforce.[1]
Pittman xogou o seu primeiro partido na NBA o 1 de abril de 2011, na vitoria dos Miami Heat por 111-92 ante os Minnesota Timberwolves. Xogou 2 minutos, onde non anotou ningún punto, e capturou 2 rebotes.
O 21 de febreiro de 2013, Pittman foi traspasado ós Memphis Grizzlies xunto a unha elección de segunda rolda do Draft a cambio dos dereitos de Ricky Sanchez.[2]
Notas [editar]
- ↑ "Dexter Pittman Re-Assigned To Sioux Falls Skyforce". NBA.com. http://www.nba.com/heat/news/dexter_pittman_reassigned_2011.html. Consultado o 23 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Heat send Pittman, draft pick to Grizzlies". NBA.com. 21 de febreiro de 2013. http://www.nba.com/2013/news/02/21/heat-grizzlies-trade.ap/index.html. Consultado o 21 de febreiro de 2013.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
|
|||||