Clyde Lovellette
| Clyde Lovellette | |
|---|---|
| Posición | Ala-pivote |
| Dorsal | 84, 34, 4 |
| Altura | 2,08 m (5 ft 7 in) |
| Peso | 106 kg (234 lb) |
| Nacemento | 7 de setembro de 1929 (83 anos) |
| Carreira | |
| Tempadas | 1953–1964 |
| NBA Draft | 1952 / Rolda: 1 / Elección: 9
Escollido por Minneapolis Lakers |
| Universidade | Kansas |
| Equipo(s) | |
|
|
| Estatísticas (NBA) | |
| Puntos | 11 947 |
| Rebotes | 6 663 |
| Asistencias | 1 165 |
| Stats @ Basketball-Reference.com | |
| Premios | |
|
|
| Basketball Hall of Fame como xogador | |
| Cadro de medallas | |||
|---|---|---|---|
| Baloncesto | |||
| Xogos Olímpicos | |||
| Ouro | Helsinqui 1952 | Estados Unidos | |
Clyde Lovellette, nado o 7 de setembro de 1929 en Petersburg, Indiana, é un ex xogador de baloncesto estadounidense que xogou durante dez tempadas na NBA. Foi o primeiro xogador da historia en formar parte de equipos gañadores da NCAA, NBA e Xogos Olímpicos.
Índice |
Traxectoria [editar]
Universidade [editar]
Xogou durante 4 tempadas cos Jayhawks da Universidade de Kansas. Na súa última tempada foi o máximo anotador da NCAA, con 28,4 puntos por partido, levando ao seu equipo ao título de campión. É o único xogador da historia en ser o máximo anotador da competición gañando o título ese mesmo ano. Foi nomeado Mellor Xogador do Torneo da NCAA. En toda a súa carreira universitaria tivo unha media de 24,5 puntos e 10,2 rebotes por partido.[1]
Ao finalizar a tempada foi incluído na selección de baloncesto de Estados Unidos que participaría nos Xogos Olímpicos de Helsinqui, gañando a medalla de ouro.
Profesional [editar]
Foi elixido na primeira rolda do Draft da NBA de 1952 por Minneapolis Lakers, na novena posición, onde xogou durante catro tempadas, gañándose o posto de titular na tempada 1953-54, na que gañou o seu primeiro anel de campión. Foi traspasado a Cincinnati Royals, onde só xogou unha tempada, recalando posteriormente en St. Louis Hawks, onde permaneceu durante outras catro tempadas a un excelente nivel. Xa con 33 anos fichou polos Boston Celtics, onde tivo un papel secundario dando minutos de respiro aos pivotes titulares, e onde gañou o campionato nas dúas tempadas que permaneceu antes de retirarse en 1964.
Foi un dos primeiros xogadores que empregaron o tiro a unha man, ampliando o seu repertorio ofensivo, e que lle permitía xogar tanto de beirado como nas posicións máis próximas ao aro. Foi elixido para disputar o NBA All-Star Game en 3 ocasións, en 1956, 1960 e 1961. Nas súas dez tempadas como profesional tivo unha media de 17,0 puntos e 9,5 rebotes por partido.
Equipos [editar]
- Minneapolis Lakers (1953-1957)
- Cincinnati Royals (1957-1958)
- St. Louis Hawks (1958-1962)
- Boston Celtics (1962-1964)
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Eleccións draft Minneapolis Lakers
- Xogadores Minneapolis Lakers
- Xogadores Cincinnati Royals
- Xogadores St. Louis Hawks
- Xogadores Boston Celtics
- Membros do Salón da Fama da NBA
- Ala-pivotes de baloncesto
- Medallistas olímpicos
- Nados en Indiana
- Nados en 1929