Chris Andersen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chris Andersen
Chris "Birdman" Andersen 2009.jpg
Miami Heat – No. 11
Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 7 de xullo de 1978 (35 anos)
Flag of California.svg Long Beach, California
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso 103 kg (228 lb)
Instituto Iola HS, Texas
Información da carreira
Universidade Blinn (1997–1998)
Carreira dende 1999
Historial de equipos
Jiangsu Nangang (1999–2000)
Fargo-Moorhead Beez (2000–2001)
Fayetteville Patriots (2001)
Denver Nuggets (2001–2004)
New Orleans / Oklahoma City Hornets (2004–2006, 2008)
Denver Nuggets (2008–2012)
Miami Heat (2013–presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2013)
Información en nba.com

Christopher Claus "Chris" Andersen, nado o 7 de xullo de 1978 en Long Beach, California, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Miami Heat da National Basketball Association (NBA). Mide 2,08 metros de altura, e xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Non foi elixido no Draft da NBA de 1999 e comezou a súa carreira coma profesional na Chinese Basketball League e en ligas menores americanas. Despois deu o salto á NBA e xogou cos Denver Nuggets e os New Orleans Hornets. En 2006, recibiu unha sanción de dous anos sen xogar por parte da NBA por violar a política de drogas.[1] A sanción rematou o 4 de marzo de 2008, e un día despois asinou de novo cos Hornets. Voltou a Denver en 2008, e permaneceu alí ata o ano 2012.

O 20 de xaneiro de 2013, asinou un contrato de dez días cos Miami Heat.[2][3] Asinou un segundo contrato de dez días o 30 de xaneiro,[4] e o 8 de febreiro de 2013 asinou para o resto da tempada.[5] Na tempada 2012-13, conseguiu o seu primeiro anel de campión da NBA cos Heat, tras vencer ós San Antonio Spurs por 4-3.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]