Anchorage, Alasca
Coordenadas: 61°11′31″N 149°45′46″W / 61.19194°N 149.76278°W
| Situación xeográfica | |
|---|---|
| País: | Estados Unidos |
| Estado: | Alasca - Alaska |
| Condado: | |
| Incorporada: | 1920 |
| Alcalde: | Dan Sullivan |
| Xeografía | |
| Altitude: | 115 msnm |
| Superficie: | 5079'2 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 275043 hab. (2005) |
| Densidade de poboación: | |
| Información | |
| Sitio na web: | http://www.muni.org |
Anchorage é unha cidade de Alasca, Estados Unidos. Conta con 279.243 habitantes (2008)[1], abranguendo un total de 359,180 residentes incluíndo aos seus arrabaldes),[2], o que a converte na cidade máis poboada de Alasca.
Anchorage está situada no centro sur de Alasca, situada nunha península triangular, limitada ao leste polos Montes Chugach. Conta con aeroporto internacional e porto marítimo. A economía basease nas actividades públicas e militares, no petróleo e no turismo.
Índice |
[editar] Historia
A diferenza de todas as outras grandes cidades do sur de Alasca, en Anchorage a pesca ou a minaría non foron as razóns polas que se empezou a asentar xente no lugar. Comezou a medrar ao ser, no 1914, empregada como porto para a construción do ferrocarril Alaska Railroad, que se construíu entre 1915 e 1923. Logo se estableceu un campamento importante. A economía nos seus anos vinte baseábase no ferrocarril. Entre os trinta e os cincuenta, a cidade experimentou un crecemento masivo debido aos militares e ao transporte aéreo. O aeroporto de Merrill Field abriu en 1930, e o aeroporto internacional de Anchorage fíxoo en 1951. As instalacións militares de Elmendorf Air Force Base and Fort Richardson foron construídas nos anos corenta.
O terremoto do Venres Santo provocou moitos danos o 27 de marzo de 1964 cunha magnitude de momento de 9,2. Matou 114 habitantes de Alasca e causou numerosos danos materiais. Reconstruiríase na segunda metade dos sesenta a cidade.
En 1968 descubriuse petróleo na baía Prudhoe, que incrementou máis a súa poboación. Despois, en 1975, crearíase o municipio de Anchorage, a partir da City de Anchorage e da Anchorage Area Borough (que incluía Eagle River, Girdwood, Glen Alps, ...).
[editar] Xeografía
Anchorage está situada na parte central do estado a 61º de latitude norte, mesma latitude que as cidades de Estocolmo e San Petersburgo.
A cidade áchase sobre unha península triangular, rodeada polos Montes Chugach.
[editar] Clima
Durante o verán a temperatura diúrna é bastante agradable, entre 13 e 21 °C, mentres que no inverno, a temperatura media descende a –7 e até –15 °C e a cidade reloce unha grosa capa de neve.
| Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Temperatura máxima media (°C) | -5,9 | -3,4 | 0,6 | 6,0 | 12,4 | 16,4 | 18,4 | 17,2 | 12,9 | 4,7 | -2,7 | -5,3 | |
| Temperatura mínima media (°C) | -13,1 | -11,4 | -7,7 | -1,9 | 3,8 | 8,4 | 10,9 | 9,7 | 5,3 | -1,8 | -9,4 | -12,2 | |
| Precipitacións (mm) | 20,1 | 19,8 | 17,5 | 17,0 | 18,5 | 29,0 | 43,4 | 62,0 | 68,6 | 51,6 | 28,2 | 28,4 | |
| Fonte: [1] | |||||||||||||
[editar] Economía
Anchorage é un porto que recibe máis do 95 % de todo o transporte de mercadorías de Alasca. As maiores industrias inclúen o petróleo e o turismo. Hai dúas bases militares americanas facendo fronteira con Anchorage polo norte: a Base Aérea de Elmendorf e o Forte Richardson. Case todos os turistas que van ao Interior do Alasca pasan por Anchorage sendo frecuento velos no verán pola cidade.
[editar] Linguas
86'4% inglés, 4% castelán, 1'5% tagalo, 1'4% coreano, 0'8% alemán, 1'4% linguas nativas (atabasco, esquimó, aleutiano)
[editar] Notas
- ↑ Annual Estimates of the Population for Incorporated Places in Alaska (2008-07-01). Consultado o 5 de agosto, 2009.
- ↑ Anchorage municipality, AK; Anchorage, AK Metro Area - ACS Demographic and Housing Estimates:2006. Consultado o 5 de agosto.