Illas Kuriles
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
As Illas Kurís (en en ruso Кури́льские острова, /Kuril'skie ostrova/), esténdense en dirección noroeste dende Hokkaido, no Xapón, até Kamchatka, separando o Mar de Ojotsk do Océano Pacífico Norte. Forman parte do óblast ruso de Sakhalin.
As illas tamén son coñecidas en xaponés como 千島列島 (/Chishima rettō/ Arquipélago das Mil Illas ou o クリル列島 - /Kuriru rettō/, Arquipélago Kuril).
As illas Kurís foron habitadas polos ainus dende tempos remotos, até que foron expulsados polos rusos no século XVIII. O Xapón quedouse con eles en 1875 (Tratado de San Petersburgo) a cambio de ceder Sakhalin á Rusia. A Rusia reclamoullas tras a Segunda Guerra Mundial (Tratado de San Francisco), pero o Xapón mantén a reivindicación sobre as catro illas máis meridionais, coñecidas en Xapón como Territorios do Norte (Conflito das Illas Kurís).
As illas son famosas pola súa néboa. Son ricas en algas e máis en peixe. A illa máis setentrional, Atlasov, é un cono volcánico case perfecto.
Illas [editar]
Nesta táboa lístanse as illas Kurís en dirección Nordés-Suroeste (NE-SO). Alén destas illas existen unha ducia de illotes e peñóns menores.
| Nome ruso | Nome xaponés | Superficie en km² |
Altura máx en m. |
Latitude N | Lonxitude E |
|---|---|---|---|---|---|
| Grupo setentrional | |||||
| Shumshu | Shumushu | 388 | 189 | 50°45' | 156°20' |
| Atlasov | Oyakoba | 150 | 2339 | 50°50' | 155°30' |
| Paramushir | Horomushiru | 2053 | 1816 | 50°30' | 155°40' |
| Antsiferov | Shirinki | 7 | 747 | 50°12' | 154°58' |
| Makanrushi | Makanrushi | 49 | 1171 | 49°45' | 154°25' |
| Onekotan | Onekotan | 425 | 1324 | 49°25' | 154°45' |
| Jarimkotan | Harimukotan | 68 | 1157 | 49°05' | 154°30' |
| Ekarma | Ekaruma | 30 | 1170 | 48°55' | 153°55' |
| Chirinkotan | Chirinkotan | 6 | 742 | 48°58' | 153°30' |
| Shiashkotan | Shasukotan | 122 | 934 | 48°50' | 154°05' |
| Grupo central | |||||
| Raikoke | Raikoke | 4,6 | 551 | 48°17' | 153°15' |
| Matua | Matsuwa | 52 | 1446 | 48°05' | 153°10' |
| Rasshua | Rasushua | 67 | 948 | 47°45' | 153°00' |
| Ushishir | Ushishiru | 5 | 401 | 47°30' | 152°50' |
| Ketoy | Ketoi | 73 | 1172 | 47°20' | 152°30' |
| Simushir | Shimushiru | 353 | 1539 | 47°00' | 151°55' |
| Grupo meridional | |||||
| Broutona | Buroton | 7 | 800 | 46°43' | 150°45' |
| Chirpoy | Cherupoi | 21 | 691 | 46°30' | 150°55' |
| Brat Chirpoyev | Buratto Cherupoefu | 16 | 749 | 46°28' | 150°50' |
| Urup | Uruppu | 1450 | 1426 | 45°50' | 149°55' |
| Iturup | Etorofu | 3200 | 1634 | 44°50' | 147°50' |
| Kunashir | Kunashiri | 1490 | 1822 | 44°05' | 146°00' |
| Shikotan | Shikotan | 250 | 413 | 43°50' | 146°45' |
| Illas Jabomai | Habomai | 97 | 45 | 43°30' | 146°05' |