Carlos González Reigosa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Carlos González Reigosa, nado en Lagoa da Pastoriza, o 2 de setembro de 1948, é un escritor e xornalista galego.
Índice |
[editar] Traxectoria profesional
É licenciado en Ciencias da información e Ciencias Políticas. Comezou a súa carreira xornalística en La Voz de Galicia. Redactor da axencia EFE desde 1974, foi o seu director de información (1990-1997) e director de publicacións (1997-2004).
É autor de multitude de artigos de crítica literaria e teatral e de política internacional, publicados en xornais e revistas tanto españois como americanos.
Publicou as novelas Oxford, amén (1982), Crime en Compostela (1984) (gañadora do primeiro Premio Xerais e a iniciadora da novela negra na literatura galega, ademais dun dos libros máis vendidos en lingua galega), O misterio do barco perdido (1988), A guerra do tabaco (1996), Narcos (2001) e Intramundi (2002).
Publicou así mesmo libros de relatos curtos (Homes de Tras da Corda, As pucharcas da lembranza, Irmán Rei Artur e Os outros disparos de Billy) e de investigación e ensaio xornalístico, destacando entre eles La agonía del león (Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura Testimonial en 1996).
Dirixiu varios cursos de verán sobre xornalismo e literatura nas universidades Complutense, Menéndez Pelayo (UIMP), Rey Juan Carlos e Santiago de Compostela, ademais de en diversas institucións americanas (En Miami e Os Ánxeles). Algúns destes cursos foron recollidos en libros: La información internacional en el mundo hispanohablante (1995), Información y Sociedad (1996) ou Hemingway desde España (2001).
É profesor no Máster de Relacións Internacionais da Universidade Complutense de Madrid e no Máster de Xornalismo de Axencias da Universidade Rey Juan Carlos e a Axencia EFE.
[editar] Obras
[editar] En galego
- Homes de tras da corda (1982).
- Crime en Compostela (1984).
- As pucharcas da lembranza (1984).
- Irmán Rei Artur (1987).
- O misterio do barco perdido (1988, novela).
- Fuxidos de sona (1989, ensaio, reportaxe xornalística).
- A guerra do tabaco (1996, novela).
- Narcos (2001, novela).
- Intramundi (2002).
- Pepa A Loba (2006).
- Laxeiro por si mesmo (2008).
- A vida do outro (Xerais, 2009). Premio Torrente Ballester de novela[1].
[editar] En castelán
- Oxford, amen (1982).
- Los otros disparos de Billy (1986).
- El regreso de los maquis (1992).
- La agonía del león (1995).