Torre Eiffel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Torre Eiffel
La Tour Eiffel
Eiffel Tower from northwest, August 2010.jpg

A Torre Eiffel desde o Campo de Marte
Edificio
Nome inicial Torre de 300 metros
Sistema estrutural Ferro
Localización París Flag of France.svg Francia
Propietario Cidade de París
Uso(s) Torre de observación e radiodifusión
Coordenadas 48°51′29.95″N 2°17′40.18″E / 48.8583194°N 2.2944944°E / 48.8583194; 2.2944944Coordenadas: 48°51′29.95″N 2°17′40.18″E / 48.8583194°N 2.2944944°E / 48.8583194; 2.2944944
Construción
Inicio 28 de xaneiro de 1887
Remate marzo de 1889
Dimensións
Altura 324 metros
Número de plantas 3
Equipo
Arquitecto(s) Stephen Sauvestre
Enxeñeiro estrutural Maurice Koechlin
Émile Nouguier
Contratista Compagnie des Etablissements Eiffel
Promotor Gustave Eiffel & Cie
Torre Eiffel desde Trocadero.

A Torre Eiffel (La Tour Eiffel en francés) é un monumento situado en París, a capital de Francia, que mide hoxe 324 metros, incluída a antena de televisión no seu cumio[1]. Foi deseñada por Gustave Eiffel para a Exposición Universal que se celebrou na cidade no ano 1889, celebrando o centenario da Revolución Francesa. A torre foi inaugurada o 31 de marzo de 1889, e foi aberta ao público o 6 de maio. Situada nun extremo do Campo de Marte, é o monumento cuxa entrada é de pago máis visitado do mundo, con 6.893.000 de visitantes no ano 2007[2]. Cunha altura de 300 metros, prolongada máis tarde cunha antena a 325 metros, a Torre Eiffel foi a estrutura máis elevada do mundo durante 41 anos.

Foi construída en dous anos, dous meses e cinco días, e no seu momento xerou certa controversia entre os artistas da época, que a vían como un monstro de ferro.[3] Inicialmente utilizada para probas do exército con antenas de comunicación,[4] hoxe serve, ademais de atractivo turístico como emisora de programas radiofónicos e televisivos.

Características[editar | editar a fonte]

Etapas construtivas da Torre Eiffel

O material empregado foi ferro forxado erixido con 18.038 pezas entrecruzadas fixadas por 2.500.000 remaches. O peso total no momento da construción rondaba as 7.300 toneladas, pero estímase que tras as reformas posteriores debe de andar próximo ás 10.000 toneladas. Ten unha altura de 324 metros incluidas as antenas, que diferentes canles de televisión francesas instalaron no cumio da torre.

Nela traballaron 50 enxeñeiros e 132 obreiros. Conta con 1.665 escalóns, para os visitantes deportivos, e ascensores transparentes que soben até a segunda planta, onde se atopan gran cantidade de boutiques de lembranzas.

  • 1889: altura coa bandeira, 312,27 m
  • 1991: altura coa antena, 317,96 m
  • 1994: altura coa antena, 318,70 m
  • 2000: altura coa antena, 324 m
Vista dende o primeiro andar da torre.

A torre conta logo con 1665 chanzos até o seu cume (1710 á orixe). A altura da torre dilátase, por tempo quente e retráctase por baixas temperaturas de 6 a 7 cm. A oscilación, no cume, con grandes ventos, non excede nunca os 12 cm. Cando o bo tempo atmosférico o permite, a visibilidade pode alcanzar até os 67 km no cume.

En 1912, o home paxaro coñecido nomado Reichelt, lanzouse desde o terceiro piso equipado de ás artificiais para probar o seu invento voador, un Icaro. O impacto do seu corpo deixaría no chan unha pegada de máis 35 centímetros de profundidade. O monumento conta até hoxe coa o seu pasivo de 370 suicidios.

Vista desde abaixo.

Para manter a estrutura, cada 7 anos é pintada con 50 toneladas de pintura. Ás veces, cámbiase a cor da pintura. Na actualidade ten unha tonalidade bronce. No primeiro piso, hai consolas que permiten votar na elección da futura cor da estrutura.

Dimensións da torre[editar | editar a fonte]

Dimensions-da-torre-Eiffel.JPG

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Torre Eiffel