Royal Ivey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Royal Ivey
Royal Ivey 76ers.jpg
Axente libre
Escolta
Información persoal
Nacemento 20 de decembro de 1981 (32 anos)
Flag of New York.svg Harlem, Nova York
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso 98 kg (215 lb)
Información da carreira
Universidade Texas
NBA Draft 2004 / Rolda: 2 / Elección: 37

Escollido por Atlanta Hawks

Carreira dende 2004
Historial de equipos
Atlanta Hawks (2004–2007)
Milwaukee Bucks (2007–2008)
Philadelphia 76ers (2008–2010)
Milwaukee Bucks (2010)
Oklahoma City Thunder (2010–2012)
Philadelphia 76ers (2012–2013)
Información en nba.com

Royal Terence Ivey, nado o 20 de decembro de 1981 en Harlem, Nova York, é un xogador profesional norteamericano de baloncesto que actualmente é axente libre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar na escola superior de Cardozo en Queens, Nova York. Logo diso xogou na Universidade de Texas en Austin. No Draft da NBA de 2004 foi elixido polos Atlanta Hawks na segunda rolda, no posto 37. O seu primeiro ano fixo 3,5 puntos en 62 xogos polos Hawks. Despois foi traspasado a Milwaukee Bucks e a Philadelphia 76ers.

En febreiro de 2010 volveu a Milwaukee Bucks xunto con Primož Brezec a cambio de Francisco Elson e Jodie Meeks.[1] Poucos meses despois, o 21 de xullo, asinou cos Oklahoma City Thunder.[2] Chegou cos Thunder ás Finais da NBA en 2012, pero perderon contra os Miami Heat.

O 27 de xullo de 2012, Ivey fichou outra vez cos Sixers.[3]

O 30 de setembro de 2013, asinou cos Atlanta Hawks,[4] pero foi cortado o 25 de outubro.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]