Kawhi Leonard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kawhi Leonard
Kawhi Leonard San Diego State Dunk (cropped).jpg
San Antonio Spurs – No. 2
Ala
Información persoal
Nacemento 29 de xuño de 1991 (23 anos)
Flag of California.svg Riverside, California
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso 104 kg (230 lb)
Instituto Canyon Springs
(Moreno Valley, California)
Martin Luther King
(Riverside, California)
Información da carreira
Universidade San Diego State (2009–2011)
NBA Draft 2011 / Rolda: 1 / Elección: 15

Escollido por Indiana Pacers

Carreira dende 2011
Historial de equipos
San Antonio Spurs (2011–presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2014)
MVP das Finais (2014)
2º Equipo Defensivo NBA (2014)
1º Equipo de Rookies NBA (2012)
Información en nba.com

Kawhi Anthony Leonard, nado o 29 de xuño de 1991 en Riverside, California, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos San Antonio Spurs da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño de 2011, Leonard foi elixido na 15ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Indiana Pacers. Foi traspasado pouco despois aos San Antonio Spurs, xunto cos dereitos de Erazem Lorbek e a 42ª eleccións do Draft de 2011 Davis Bertans a cambio de George Hill.[1] Leonard e o seu compañeiro de equipo Tiago Splitter foron seleccionados para xogar o Rising Stars Challenge de 2012 coma membros do Team Chuck, pero non puido xogar por lesión.[2] Ó remate da súa primeira tempada na NBA, foi elixido no mellor equipo de rookies da NBA, e foi cuarto na votación ó Rookie do Ano.

O 26 de outubro de 2012, os Spurs exerceron a opción de equipo do contrato de Leonard, e renováronno ata a tempada 2013-14.[3] Na tempada 2012-13, Leonard foi seleccionado de novo para xogar o Rising Stars Challenge, onde anotou 20 puntos e capturou 7 rebotes.[4] Nesta tempada xogou por primeira vez unhas Finais da NBA, onde fixo 14.6 puntos e 11.1 rebotes por partido na derrota dos Spurs en sete partidos contra os Miami Heat.

Na tempada 2013-14 rematou con 12.8 puntos, 6.2 rebotes, 2.0 asistencias por partido e 1.7 roubos de balón por partido, cunha porcentaxe de tiros de campo dun 52.2%. Todo isto fixo que fora escollido no mellor quinteto defensivo do ano por primera vez na súa carreira.[5] Os Spurs enfrontáronse de novo ós Heat nas Finais da NBA, pero desta vez San Antonio foi capaz de gañar á franquía de Florida por 4-1.[6] Leonard acadou 17.8 puntos por partido, cunha porcentaxe dun 61% en tiros de campo, e foi elixido MVP das Finais.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]