Sandro Botticelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alessandro di Mariano di Vanni Filipepi

Suposto autorretrato que figura na súa pintura Adoración da Virxe medicea
Nome Alessandro di Mariano di Vanni Filipepi
Nacemento 1 de marzo de 1445
Lugar de nacemento Florencia Italia Italia
Morte 17 de maio de 1510
Lugar de morte Florencia
Nacionalidade italiano
Eido pintura
Movemento Renacemento italiano
Traballos Primavera
O nacemento de Venus
Adoración dos Magos

Sandro Botticelli, nado en Florencia en 1447 e finado na mesma cidade en 1510, foi un pintor renacentista italiano. O seu nome real era Allessandro di Mariano Filipepi, pero chamouse Botticelli debido a que foi aprendiz do pintor e artesán Botticello. Non se coñece demasiado da vida de Botticelli debido á falta de documentación e a que resgardou a súa vida privada. Sábese que foi acollido polos Medici e por outras prominentes familias florentinas entre 1483 e 1500. Botticcelli non asinou a maior parte dos seus cadros, polo que non podemos saber a súa orde cronolóxica máis que pola vellez da tea en que foran plasmadas as súas obras.

Biografía[editar | editar a fonte]

Botticelli entrou á idade de quince anos no obradoiro de Fra Filippo Lippi (1406-1469), monxe e pintor florentino, autor de celebradas pinturas de temática relixiosa. Traballou tamén cos pintores Antonio del Pollaiuolo e Andrea del Verrocchio. Con eles fixo a súa aprendizaxe da ourivesaría, do gravado e do cicelado, artes que influíron na súa concepción do debuxo. Botticelli traballaba con frecuencia con artesáns, especialmente co seu irman Antonio, que era ourive, e co cal compartía o seu taller.

A partir de 1481, Botticelli foi chamado a Roma polo papa Sisto IV, para que decorase a Capela Sistina, xunto con outros grandes artistas. Porén, a rivalidade existente entre o papa e os Medici, mecenas do artista, fixo que o seu talente non fose recoñecido debidamente.

Alí realizou tres grandes frescos:

Logo volveu a Florencia, enfurecido pola inxustiza que se fixera coas súas obras, de xeito que decidiu, entón, non abandonar xamais a súa cidade natal. Moi logo reiniciou o traballo, pintando o Nacemento de Venus en 1484, unha das súas obras mestras.

A mediados da década de 1480, Botticelli, xunto con Perugino, Ghirlandaio e mais Filippino Lippi, traballou nunha importante serie de frescos para Lorenzo o Magnífico, nunha "vila" preto de Volterra. Neses anos pintaría bastantes outros frescos en igrexas florentinas.

No 1491 Botticelli formou parte dun comité para decidir sobre a fachada do Duomo de Florencia. No 1502 foi acusado de sodomía, aínda que a acusación foi retirada. No 1504 participou noutro comité, neste caso para decidir onde colocar a estatua de [[David (Miguelánxelo)|David] de Michelangelo. O seu último traballo foi unha serie sobre a vida de san Cenobio, que lembra o uso non naturalista do pintor Fra Angelico.

Tivo como discípulo máis destacado a Filippino Lippi, fillo do seu mestre Fra Filippo Lippi.

Obras (selección)[editar | editar a fonte]

Home coa medalla de Còsimo de Médicis
Adoración dos Magos, 1481-1482, Washington DC

n el Niño y san Juanito]] (1495) - Temple sobre táboa, 134 x 92 cm, Galería Palatina del Palacio Pitti, Florencia

  • A Calumnia (1495) - Témpera sobre táboa, 62 x 91 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Última comuñón de san Xerome (ca. 1495) - Témpera sobre táboa, 34,5 x 25,4 cm, Museo Metropolitano de Arte, Nueva York
  • Retrato de Dante (ca. 1495) - Témpera sobre lenzo, 54,7 x 47,5 cm, Colección privada
  • Xudit abandona a tenda de Holofernes (1495-1500) - Témpera sobre táboa, 36,5 x 20 cm, Rijksmuseum, Ámsterdan
  • Crucifixión (h. 1497) - Témpera sobre lenzo, 73,5 x 50,8 cm, Museo de arte Fogg, Universidad de Harvard, Cambridge (Massachusetts)
  • Oración no Horto (1498-1500) - Témpera sobre táboa, 53 x 35 cm, Capela Real, Granada
  • Catro cadros sobre a Vida de san Cenobio (1500-1505):
    • Bautismo de san Cenobio e ordenación como bispo - Témpera sobre táboa, 66,5 x 149,5 cm, National Gallery, Londres
    • Tres milagres de san Cenobio - Témpera sobre táboa, 65 x 139,5 cm, National Gallery, Londres
    • Tres milagres de san Cenobio - Témpera sobre táboa, 67 x 150,5 cm, Museo Metropolitano de Arte, Nueva York
    • Último milagre e morte de san Cenobio - Témpera sobre táboa, 66 x 182 cm, Gemäldegalerie, Dresde
  • Natividade mística (1501) - Témpera sobre táboa, 108,5 x 75 cm, National Gallery, Londres

Galería de pinturas[editar | editar a fonte]

Galería de Debuxos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sandro Botticelli