Endovelico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Endovelico, tamén chamado Endovélico, Enobólico, Endovelicus o Endovellicus, é un dos máis coñecido dos deuses galaicos, lusitanos e celtiberos prerromanos da Idade do Ferro. O seu nome é de orixe celta e significa "deus moi bo".

Deus da saúde, protector da terra e da natureza, e vinculado ás forestas, aparece asociado ós animais (proposta pola etimoloxía do seu nome *uailo:lobo, co superlatido *andei-, pero tamén *uell:bo"). O considerar a Endovélico céltico ou Lusitano non céltico provoca controversia entre os investigadores, como a propia caracterización do pobo Lusitano, xa que se venera tamén entre os Vettons da provincia de Ávila (en Postoloboso, Candeleda) co nome de Vellicus ou Vaelicus. Logo foi adaptado polos propios romanos, que o asimilaron á Esculapio ou a Serapis pola súa vertente sandadora, que segundo o arqueólogo portugués Vasconcellos era unha mera vertente provinte do seu aspecto Ctónico, ó que tamén se lle relaciona coas minas debido ó ser un deus Ctónico (deus do interior da terra,do Inframundo, do Hades,"infernal"),sobre todo no santuario de Postoloboso, Ávila, xa que o mesmo santuario era un lugar de extracción de ferro.O monte era o seu lugar de culto, como numen locis ou espírito protector do lugar (similar ás ninfas grecorromanas), relacionándose cons outros numens e divindades ctónicas. Estes santuarios son de difícil acceso, tal vez buscando o misticismo e recollemento do oculto entre a frondosidade do monte e as selvas, dando maior énfase ó carácter sagrado destas divindades ás cales seus fieis atoparían nunha especie de peregrinación iniciática moi propia das sociedades teocráticas. En Rocha da Mina, San Miguel de Mota (Portugal)[1] e nas Minas de Río Tinto (Huelva)[2], debido á poboación lusitana que traballou naquelas minas imperiais. Estes reúnen as características doutros santuarios dedicados a deuses do mundo subterráneo (Ctónicos) como o santuario de Pánoias en Vila Real (Portugal) dedicado a Serapis e outros deuses e o de Isis en Belo Claudia, Cádiz .

[editar] O seu culto

Os achados atopados suxiren a práctica da "incubatio"[3], consistente na manifestación divina a través do sono da persoa, coma o rito máis nomeado en relación co culto de Endovélico. O devoto durmía no templo ou altar do Deus e nos soños que tivese recibía o mensaxe que necesitaba. Outros autores o relacionan tamén co monte e o renacer vexetal, xa que trala súa estancia no inframundo (tras ser morto por un xabarín), levaría consigo a primavera ó volver á superficie, acompañado pola súa consorte a deusa Ataecina, divindade á que aparece asociada en certos exvotos e epigrafías. Se lle ofrecían porcos como ofrendas, debido á asociación do deus cos xabaríns, dos cales se atoparon exvotos nos seus templos.

Ler máis: http://www.historiaymitologia.com/2010/03/endovelico.html#ixzz1gh3svqsM Under Creative Commons License: Attribution Non-Commercial No Derivatives

  1. "Novas investigações no santuário de Endovélico (S.Miguelda Mota, Alondroal) a campanha de 2002"Almícar Guerra, Rui Almeida, Thomas Schattner, Carlos Fabiäo
  2. "Testimonios Religiosos en las minas de Rio Tinto: algunas reflexiones" Oria Segura, Mercedes Dialnet.unirioja.es
  3. "Disertacion sobre el Dios Endovélico y noticia de otras deidades gentilicias de la España Antigua" Pérez Pastor, Miguel Editorial:Editorial Órbigo, S.L.1860
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas