Plutón (deus)

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Plutón, de Agostino Carracci (1592).

Plutón[a] foi o deus do inframundo na mitoloxía romana. O seu equivalente na mitoloxía grega era Hades, aínda que Plutón era máis benigno. En canto á etimoloxía do nome confúndeselle coa de Pluto, o deus grego das riquezas.

Mito[editar | editar a fonte]

Orixinalmente, non posuían os romanos unha noción dun reino para a felicidade ou infelicidade posmorte, como o Hades grego - senón unha inmensa cavidade, chamada Orco, que máis tarde pasou a identificarse co submundo grego. Ao deus que o comandaba, entón, incorporaron Hades, so o seu epíteto de Pluto.[1]

Tamén era responsábel de todo que se encontra baixo a terra.

Era fillo de Saturno e de Rea e irmán de Xúpiter e Neptuno. Cando Xúpiter fixo a repartición do Universo, deulle a Plutón o imperio dos infernos. Plutón era tan macabro e asustador, que non conseguía encontrar muller que o aceptase para casar. Por iso resolveu roubar Proserpina, filla de Xúpiter e de Ceres - deusa da agricultura - cando ía a camiño da fonte de Aretusa, na Sicilia, para buscar auga. Plutón é representado cunha coroa de ébano na cabeza, as chaves dos infernos na man, nun coche tirado por cabalos negros.[2]

Na súa homenaxe era celebrado un gran festival en febreiro, no que lle eran ofrecidos sacrificios de touros e cabras negros (chamados de februationes) por un sacerdote caracterizado por unha coroa de ciprés, e coa duración de doce noites.[3] Non había, en Roma, templos dedicados a Plutón.[3]

Plutón é casado coa sobriña Proserpina, filla de Ceres (equivalentes, respectivamente, ás deusas gregas Perséfone e Deméter).[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En latín, Pluto; en grego, Πλούτων, Plútôn.
  1. E. M. BERENS, Myths and Legends of Ancient Greece and Rome, in An Encylopedia of Ancient Greek and Roman Mythology, Editado por James Hampton Belton, Proxecto Gutenberg, 2009, versión dixital
  2. Plutão (mitologia). En Infopédia [En liña]. Porto: Porto Editora, 2003-2013. [Consult. 2013-08-15].
  3. 3,0 3,1 MURRAY, Alexander. Quién es Quién en la Mitología (Who’s Who in Mythology), trad. Cristina María Borrego, M. E. Editores, Madri, 1997, páx. 38. ISBN 84-495-0421-X (en castelán)
  4. Menard, René (1985). Opus editora, ed. Mitologia Greco-romana I. São Paulo. p. 144.