Ilustración Gallega (Madrid)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ilustración Gallega
PaísEspaña
Lugar de publicaciónMadrid
Fundación1954
Na rede
Galiciana: 584334
editar datos en Wikidata ]

Ilustración Gallega foi unha revista editada en Madrid en 1954.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulada Revista de Galicia para España y América, apareceu o 1 de outubro de 1954. Dirixida por Emilio Canda Pérez, Nicolás Alcalá Arana era o administrador. Editada cun grande acompañamento gráfico, contiña un suplemento informativo con noticias sociais e de interese de Galicia titulado "Vida Gallega". Entre os seus colaboradores figuraron José María Castroviejo, Valentín Paz-Andrade, Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Luís Trabazo, Xosé Filgueira Valverde, Prudencio Landín Tobío e Manuel Cuña Novás. No seu primeiro número publicou os Seis poemas galegos de Federico García Lorca.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]