Camellia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Camellia é un xénero de plantas da familia Theaceae que producen as flores coñecidas como camelia (e nalguhas rexións de Portugal como xaponeira). O xénero Camellia inclúe moitas plantas ornamentais e a planta do té.
O xénero foi descrito polo naturalista sueco Carl von Linné na súa obra magna Species Plantarum, e bautizado en homenaxe ao misioneiro xesuíta Georg Kamel. Alguhas especies deste xénero pertencían ao xénero Thea, mais este epíteto foi sinonimizado con Camellia cando se observou que Camellia e Thea non presentaban diferenzas significativas entre si.
Todas as especies de Camellia son designadas, na China, pola palabra mandarín "chá" (茶), complementada por algún termo que, xeralmente, caracteriza o seu hábitat ou as súas peculiaridades morfolóxicas.