Morcilla
A morcilla ou morcela[1] é un embutido sen carne, recheo principalmente con sangue (na súa maioría de porco) callado, de cor escura característica. É un alimento moi estendido que pode atoparse en moitos países, con moitas variedades. A súa elaboración estivo desde sempre intimamente unida á mata do porco, de cando en cando a outros animais, como a vaca ou o cabalo.
Orixe[editar]
Segundo o filósofo grego Platón (Mithaïcos, 428 a. C.), a morcilla foi inventada polo grego Aftónitas. Aparece unha mención á morcilla na Odisea de Homero.
Ingredientes[editar]
Existen muitas variedades en toda a Península Ibérica e na América Latina así como no resto de Europa, como a Wurstebrot alemán.
A morcilla pode facerse con diferentes ingredientes se ben o sangue, normalmente de porco, é o ingrediente principal. Segundo a zona da que se fale pode levar fariña, arroz, pan (opcional), graxa, piñóns, uvas pasas etc.
Notas[editar]
- ↑ Morcela no dicionario de dicionarios. Instituto da Lingua Galega. e tamén no Gran Dicionario Xerais, 2009.