Repolo
O repolo ou col (Brassica oleraceae var. viridis), é unha planta comestible da familia das brasicáceas. É unha herbácea bienal, cultivada como anual, cuxas follas poden ser ovais, oblongas, lisas, rizadas ou circulares dependendo da súa variedade, e forman un ollo compacto moi característico.
As diferentes variedades foron obtidas a partir da especie silvestre, conocida xa dende hai séculos, a través dos cruces e da selección para adaptalas a condicións climáticas diferentes.
Índice |
Cultivo [editar]
O seu cultivo como verdura destinada á alimentación humana e animal remonta á antigüidade, e estendeuse a partir de formas salvaxes orixinarias da Europa meridional. O repolo ou col pode sementarse nun primeiro momento en interiores (en sementeiro) ou directamente no exterior. Como todos os membros da familia das Brassicaceae, ten a súa colleita nas épocas máis frescas do ano, aínda que preferentemente en outono.
O control dos parasitos dos cultivos é de gran importancia, en particular en relación ós ataques das eirugas de moitas bolboretas da familia das pieridae.
Variedades [editar]
Existen dúas variedades principais de repolos: as de cedo (temperás) e as serodias.
- Repolo de cedo: as variedades temperás maduran en 50 días aproximadamente. Producen ollos pequenos e destínanse ó consumo inmediato, xa que non resisten o almacenamento.
- Repolo serodio: as variedades serodias maduran ós 80 días, producindo ollos moito máis grandes e son destinadas á provisión invernal.
Consumo [editar]
Consúmese tanto cociñado como en ensalada e pódese conservar cocido, conxelarse tras escaldar primeiro e incluso preparalo como chucrut (col fermentada que se utiliza como condimento ou acompañamento).
Composición e propiedades [editar]
O repolo é rico en vitaminas C, A, calcio e β-caroteno, ademais de ter un alto contido de fibra.