Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O 'Pink Whirls' é un dos numerosos cultivares de
Osteospermum.
'Lemon Symphony' é outro dos cultivares de
Osteospermum.
Cultivar é a designación dada a determinada forma dunha planta cultivada e corresponde a un determinado xenotipo e fenotipo que foi seleccionado e recibiu un nome único e debidamente rexistrado con base nas súas características produtivas, decorativas ou outras que o tornen interesante para o cultivo. O cultivar debe presentar durante o cultivo, e manter durante o proceso de propagación, un conxunto único de características que o distingan de maneira consistente de plantas semellantes da mesma especie. O termo foi cuñado polo especialista en horticultura Liberty Hyde Bailey, que o derivou das palabras inglesas "cultivated" e "variety" ("cultivado" e "variedade"), co que significaría estritamente "variedade cultivada" dunha especie vexetal. O termo non ten o mesmo significado ca a designación taxonómica variedade ou ca o termo legal variedade de planta utilizado no comercio de plantas e as súas sementes[1]. O concepto foi oficialmente adoptado no XIII Congreso de Horticultura, realizado en Londres (1952), co obxectivo de distinguir as variedades cultivadas das de ocorrencia natural.
- ↑ Jenks, Dr. Matthew A. "Plant Nomenclature" (en Inglés) (html). Purdue University, Department of Horticulture and Landscape Architecture. http://www.hort.purdue.edu/hort/courses/HORT217/Nomenclature/description.htm. Consultado o 4 de novembro de 2009.
|
|
|
| Conceptos base |
|
|
| Taxons |
|
|
| Conceptos asociados |
|
|
| Normas |
|
|