Pastel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pasteis e doces diversos

Un pastel é un alimento doce que polo xeral se prepara no forno. Combinan fariña, azucre ou edulcorantes, ovos, leite, auga, aceite e fermentos. Tamén se pode poñer froita natural ou en zume. Para facelos máis divertidos decóranse con doces, con crema, confeitos e caramelo.

Receita básica[editar | editar a fonte]

A meirande parte dos pasteis elabóranse con fariña de trigo, xa que logo é importante o xeito a mesturar os ingredientes para que non adquira unha textura pastosa. Para isto tense que remexer minimamente unha vez se teña engadido a fariña. Tamén cómpre pór de relevo o xeito de bater os ovos e os fermentos, que fan que a masa sexa esponxosa. Así mesmo, o aceite ten que ser de sabor suave, pois un gusto intenso pode agochar o sabor dos ingredientes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]