Cabaza
| Cabaza | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Cucurbita pepo, Cucurbita maxima, Cucurbita mixta, Cucurbita mostacha | ||||||||||||
Cucurbita pepo é o termo botánico do que comunmente se denomina cabaza, cabazo ou calacú, froito da planta herbácea anual (a planta chámase cabaza ou cabaceira). Na actualidade é tamén cultivada extensamente en toda Europa.
Índice |
[editar] Características
É unha planta rastreira que pode chegar ós 10 m de lonxitude, de talos acanalados e de aspecto áspero, follas pubescentes, lobuladas e acorazoadas. As grandes flores amarelas son unisexuais; as masculinas teñen os estames soldados en forma de piar e en ambos os sexos o cáliz está unido á corola.
Os froitos varían moito en tamaño e forma, dende case globulares ata oblongos ou ovoides. A casca é lisa e dura e tamén varía en cor.
[editar] Variedades
- Cucurbita pepo L. subsp. pepo, cabaciña,
- Cucurbita maxima, cabaza confeiteira,
- Cucurbita mixta,
- Cucurbita mostacha
As cabazas de verán son variedades de Cucurbita pepo. Se se recollen inmaturas, consómense como cabaciñas, aínda que se poden deixar madurar na planta como as de inverno. Así e todo, as variedades de inverno C. maxima e C. mostacha non se consomen verdes.
Existen multitude de variedades de diferentes cores e tamaños; as máis grandes chegan a pesar entre 18 a 36 kg. Aínda que é difícil manter as variedades puras cando se cultivan xuntas, a verdadeira especie C. pepo non se hibrida nunca con C. maxima, a chamada "cabaza confeiteira" da que se elabora o cabelo de anxo. Esta variedade, máis doce e zumarenta có resto, cando está madura posúe unha casca de cor amarela, rugosa, grosa e moi consistente, polo que se pode conservar moito tempo.
A cabaza é rica en minerais, sobre todo potasio, e tamén en vitamina C e β-caroteno.