Salsa (gastronomía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salsas diversas.

En gastronomía denomínase salsa, chorume, mollo ou prebe[1] a unha mestura líquida de ingredientes que teñen por obxecto acompañar un prato. A consistencia líquida (ou semilíquida) dunha salsa pode cubrir unha ampla gama que pode ir dende o puré á máis líquida dun caldo. A salsa enténdese coma un engadido líquido para os alimentos. O obxectivo da salsa é acompañar a outras comidas mellorando ou potenciando o sabor, facendo un contraste ou complementándoo, é por este motivo que adoitan ofrecer ao padal sensacións relativamente marcadas, con aromas que estimulan os sentidos do propio padal. Poden estar tinguidas de cores diversas que afectan á aparencia visual dun prato.

En Galiza, o emprego de salsas é común nos asadoiros e grellas. Non obstante, fóra destes non existe a variedade nin o interese pola salsa no mesmo grao que adoita acontecer no resto de países hispanos.

Notas[editar | editar a fonte]