Lentella
| Lentella | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | |||||||||||||||||||
| Non está ameazada | |||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||||
| ''Lens culinaris'' Medikus |
|||||||||||||||||||
A lentella (Lens culinaris) é unha planta da familia dos legumes ou Fabaceae. É un arbusto de crecemento anual, duns 40 cm de alto. Cultívase polas súas sementes, que medran dentro de vaíñas usualmente de dúas en dúas. O nome provén da forma de lente que teñen esas sementes.
Índice |
Historia e usos [editar]
A planta probablemente ten a súa orixe na India, e foi parte da dieta humana dende tempos neolíticos, sendo un dos primeiros cultivos domesticados.
Cun 26%, a lentella é a terceira planta alimenticia cunha maior porcentaxe das súas calorías en forma de proteínas, despois da soia e os grans de cánabo[1]. Isto fai dela unha parte importante da dieta en moitas partes do mundo, especialmente no subcontinente indio, onde hai grandes poboacións vexetarianas. Son alimentos tradicionais, ademais de na India e Paquistán, na rexión mediterránea e no Medio Oriente.
Tipos [editar]
Hai unha gran variedade de lentellas, con cores tan variadas coma o amarelo, vermello, verde, marrón ou negro:
- Pardina leonesa ou castelá (marrón).
- Lentellas de Puy (Lo Puèi de Velai) ou francesas verdes.
- Beluga negra.
- Eston Green, Richlea, Laird (verdes).
- Petite Golden (amarelas).
- Masoor (Coa pel marrón, son vermellas dentro).
- Macachiados (amarelas grandes mexicanas).
Preparación [editar]
Non se poden comer crúas, debido á presenza de antinutrientes coma pitatos e taninos[2]. Algúns tipos de lentellas son tan duros que teñen que ser deixadas dun día para o outro a remollo antes de cocelas. A cocción dura entre 20 e 30 minutos, dependendo da variedade.
Mestúranse frecuentemente con arroz, xa que ten un tempo de cocemento similar. Este prato mesturado denomínase mujaddara no Medio Oriente, khichdi na India e kushari en Exipto.
En Galicia adóitanse preparar estufadas con chourizo e touciño, e mesmo mesturadas con arroz. Tamén se consomen cocidas con outros vexetais ou simplemente fervidas para o seu uso en ensaladas
Valores nutricionais e de saúde [editar]
Ademais do seu elevado grao de proteínas, as lentellas conteñen fibra, vitamina B1 e minerais[3]. A revista Health seleccionou as lentellas como un dos cinco alimentos máis saudables[4].
Contido en ferro [editar]
Son unha das mellores fontes vexetais de ferro. Isto fainas unha parte importante da dieta vexetariana, e útiles para prever a carencia de ferro en todo tipo de dietas, máis en particular para os adolescentes e mulleres en xestación[5].
Produción [editar]
A FAO informou que a produción mundial no ano 2007 foi de 3,487 millóns de toneladas. Un terzo da produción mundial de lentellas dáse na India, seguida de Canadá co 17% e Turquía co 15%. Canadá, cuxa produción se concentra na rexión de Saskatchewan, é o maior exportador do mundo[6].
Notas [editar]
- ↑ Callaway JC (2004). Hempseed as a nutritional resource: an overview. Euphytica 140:65-72.
- ↑ Efectos da auga e a calor nos antinutrientes (en inglés)
- ↑ USDA nutrient database
- ↑ Alimentos máis saudables do mundo (en inglés)
- ↑ [Dietary Reference Intakes (DRI), Food and Nutrition Board, Institute of Medicine, National Academies. E.U.A. 2004 ]
- ↑ Produción agrícola canadense (en inglés)