Zona especial de conservación da Serra do Careón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°55′17″N 7°57′20″O / 42.921400, -7.955600

Serra do Careón
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 6661,68 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004[1], ZEC o 31 de marzo de 2014[2][3].
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: A Coruña, Lugo e Pontevedra
Concellos: Agolada, Friol, Melide, Palas de Rei, Toques e Santiso
Ríos: río Furelos, río Seco
Picos Monte do Careón (798), Pena Armada (760), Monte do Castro (704).
Direccións de interese:
Teléfonos:

A serra do Careón é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) e que abrangue á serra do Careón e ás concas dos río Furelos e Seco, que chegan ao río Ulla polo sur da serra. A maior área do espazo está nos concellos de Toques, Melide e Santiso, na Terra de Melide. Ten unha parte na comarca da Ulloa e de Lugo, en Friol e Palas de Rei, é só unha liña de ribeira do Ulla na Agolada.[2][4][5]

Destaca polas súas extensas áreas de matogueiras, como nas Gándaras de Melide, e pola súa floración de rochas ultrabásicas.[1][2][3][4][5][6]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

A área potexida concéntrase no leste dos concellos de Toques, Melide e Santiso. Outra parte protexida está en Palas de Rei, onde se protexe parte da faldra lucense da serra, e unha área reducida no sur de Friol, xa que é o norte da serra. Cobre ademais dúas áreas menores de ribeira do Ulla na Agolada, da comarca do Deza. As parroquias que ocupa o espazo son as da A Capela, Mangoeiro, Paradela, San Martiño de Oleiros, San Xiao do Monte, Santa Mariña de Brañas, Vilamor e Vilouriz en Toques; Furelos, o Leboreiro e o Meire en Melide, Vimianzo, Barazón, Niñodaguia, (Santiso) e Eidián na Agolada; Ombroso, Ambreixo, Cuíña, Moredo e Merlá en Palas de Rei; e Xiá en Friol.[4]

Orografía e hidrografía[editar | editar a fonte]

En xeral, o espazo atópase na serra do Careón e que pertence á dorsal galega. O seu relevo xeral é suave e de meseta con chanzos. A área protexida protexe tamén ribeiras ao leste desta serra, ás do río Furelos e río Seco na cunca hidrográfica do Ulla.

Unha parte da área protexida correspóndese co río Furelos e a súa ribeira desde o norte de Toques, comezando no seu afluente do rego da Vela nos montes de Bocelo. Neste treito protéxese tamén unha parte da Pena Grande. Este rego ao chegar á raia entre Toques e Melide únese á outra área protexida. Esta é todo o oeste dos concellos de Toques, Melide e Santiso; que teñen protexidos toda a súa parte da serra do Careón e proximidades. En Melide e Santiso o río Furelos actúa xa como límite ao oeste do espazo protexido. Outros regos que inclúe o espazo son o rego de Lamares, de Guillamil e Irago, e que son afluentes do Furelos. Outro é o río Seco, que se atopa ao leste do espazo. Alí atópase a lagoa de Quintás coa súa presa. Ao sur o espazo remata con parte da ribeira do Ulla. O norte a serra de Careón continúa cos montes do Corno do Boi.[4]

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

Atópase no dominio de complexos alóctonos da zona de Galicia Tras-Os-Montes do macizo Ibérico. Nesta área atópanse substratos de metagrabos, anfibiolitas, rochas ultrabásicas ou metasedimentos que se formaron durante o sistema ordovícico e devónico. Nalgúns punto de ribeira hai deposicións aluviais menores.[7][8] A área está dominada polas bandas de anfibolitas, as ultrabásicas serpentinizadas e rochas metabásicas con facies granulíticas. As rochas metabásicas no oeste mudan e conteñen gneis de biotita. De feito, esta floración de rochas ultrabásicas é o máis significativo do noroeste peninsular. Vai desde Sobrado ata o sur de Melide e está catalogado como PIG C-17: Pregamentos tombados no complexo ultrabásico de Melide.[4]

Hábitats[editar | editar a fonte]

Os hábitats dominantes son os de cumes suaves de montaña, de baixa pendente, onde domina a vexetación de matogueira. Destacan as floracións nas rochas ultrabásicas, e que domina este espazo. Outras áreas relevantes, inda que ocupan menor extensión, son os cultivos e pradarías.[4][5]

Fauna e flora[editar | editar a fonte]

Flora[editar | editar a fonte]

As especies de flora de interese de conservación da rede Natura presentes son[4][5]:

Especie
Eryngium viviparum
Narcissus asturiensis

Fauna[editar | editar a fonte]

As especies animais de interese de conservación da rede Natura presentes son[4][5]:

Grupo Especie
Invertebrados Lucanus cervus
Invertebrados Elona quimperiana
Invertebrados Euphydryas aurinia
Peixes Achondrostoma arcasii
Peixes Pseudochondrostoma duriense
Anfibios Chioglossa lusitanica
Anfibios Discoglossus galganoi
Réptiles Iberolacerta monticola
Réptiles Lacerta schreiberi
Mamíferos Myotis myotis
Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum
Mamíferos Rhinolophus hipposideros
Aves Accipiter gentilis
Aves Accipiter nisus
Aves Aegithalos caudatus
Aves Anthus trivialis
Aves Asio flammeus
Aves Athene noctua
Aves Caprimulgus europaeus
Aves Circaetus gallicus
Aves Circus cyaneus
Aves Circus pygargus
Aves Coturnix coturnix
Aves Cuculus canorus
Aves Falco peregrinus
Aves Falco subbuteo
Aves Falco tinnunculus
Aves Hieraaetus pennatus
Aves Lanius collurio
Aves Lanius excubitor meridionalis
Aves Lullula arborea
Aves Pernis apivorus
Aves Sylvia undata
Aves Turdus philomelos
Aves Turdus viscivorus

Outras especies de interese de conservación tamén presentes son:

Grupo Especie
Mamíferos Canis lupus
Mamíferos Martes foina
Mamíferos Mustela erminea
Réptiles Natrix maura
Réptiles Natrix natrix
Anfibios Triturus boscai
Anfibios Triturus marmoratus
Réptiles Vipera seoanei

Lexislación[editar | editar a fonte]

O foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 dentro da rexión atlántica e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[4][3][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1110014 Serra do Careón". Consultado o 30/9/2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ES1110014 Serra do Careón". Consultado o 30/9/2020. 
  6. "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Consultado o 5 de xullo de 2017. 
  7. Instituto Geológico y Minero de España (eds.). "Visor InfoIGME". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2019. Consultado o 09 de outubro de 2020. 
  8. Martínez Catalán, J.R.; Aller, J.; Alonso, J.L.; Bastida, F. "Chapter 1: The Iberian Variscan Orogen". En Instituto Geológico Minero Español. Spanish Geological Frameworks and Geosites: An approach to Spanish geological heritage of international relevance. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]