Serra do Careón

A serra do Careón[1] é unha serra e que pertence á dorsal galega e que limita as Terra de Melide coa de Lugo e a de Ulloa. O seu relevo xeral é suave e de meseta con chanzos e nela nacen os río Furelos e río Seco, afluentes do río Ulla.[2][3]
Esta serra destaca por ser o máis extenso afloramento de rochas ultrabásicas na península Ibérica. Así mesmo, a súa meirande parte forma parte do espazo natural protexido homónimo declarado como zona especial de conservación, o ZEC Serra do Careón.[3]
Xeografía e xeoloxía[editar | editar a fonte]
Orografía[editar | editar a fonte]
Forma parte da dorsal galega. Conta cunha altitude media de 550 metros e máxima de 798 metros, no Monte Careón.
Hidrografía[editar | editar a fonte]
Nesta serra nacen o río Narla, afluente do Miño, e o río Pambre, o río Seco ou o río Furelos, afluentes todos tres do río Ulla.
Xeoloxía[editar | editar a fonte]
Dominan os granitos de dúas micas e intrusivos, gneis de "ollo de sapo" e xistos. Así mesmo, esta serra destaca por ser a máis extensa floración de rochas ultrabásicas na península Ibérica, que vai desde Sobrado ata o sur de Melide. Catalogouse como o PIG C-17: Pregamentos tombados no complexo ultrabásico de Melide.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ficha en turismo.gal.
- ↑ "Serra do Careón, Concello de Toques". Arquivado dende o orixinal o 23/09/2020. Consultado o 09/10/2020.
- ↑ 3,0 3,1 "Sección Organización - CMAOT". Consultado o 09/10/2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Serra do Careón ![]() |