O Leboreiro, Melide
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: O Leboreiro.
| O Leboreiro | |
|---|---|
Igrexa de Santa María do Leboreiro. | |
| Concello | Melide[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 42°53′18″N 7°57′52″O / 42.88834433, -7.96455785 |
| Poboación | 69 hab. (2018) |
| Entidades de poboación | 4[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa María do Leboreiro é unha parroquia que se localiza no sueste do concello de Melide. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 69 habitantes (34 homes e 35 mulleres) 34 menos ca en 1999. Ten 3 entidades de poboación.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de Santa María do Leboreiro é gótica do século XIV con moitas reminiscencias do románico. Ten ábsida circular, no tímpano está esculpida unha figura da Virxe e no interior ten pinturas murais do século XVI con escenas de San Sebastián, a flaxelación e a visitación.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares do Leboreiro
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia do Leboreiro no concello de Melide (A Coruña) | |
|---|---|
|
O Coto | Desecabo | O Leboreiro | A Ponte |