Picanzo vermello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lanius collurio»)
Lanius collurio.
Cuculus canorus canorus + Lanius collurio

O picanzo vermello (Lanius collurio) é un membro da familia dos picanzos.

Este paxaro cría na maior parte de Europa e Asia occidental e pasa os invernos no África tropical. O seu número está a minguar, estando probablemente extinguido en Gran Bretaña, aínda que é frecuente velos durante a migración. É unha especie protexida en Gran Bretaña.

Mide 16–18 cm de lonxitude; come grandes insectos, pequenos paxaros, ratos de campo e lagartas. Coma outros picanzos caza dende lugares elevados, e empala os cadáveres sobre arames ou espiñas para usalos como despensa.

A cor xeral das partes superiores do macho é avermellada. Ten a cabeza gris azulada e o típico anteface negro dos picanzos a través do ollo. As partes baixas son de cor rosa pálido, e a cola ten un modelo branco e negro semellante ao da collalba.

Na femia e paxaros novos a parte superior é marrón e ristada. A parte inferior é de cor ante e ristada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]