Muíños de Xove

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nos cursos fluviais do concello de Xove hai diversos muíños ou aceas, ben albeiros, ben de rodicio horizontal. Amais dos mencionados, tense constancia da existencia doutros, pero ou ben están totalmente en ruínas, ou é difícil chegar até eles pola maleza.

Muíño da Rocha[editar | editar a fonte]

Muíño da Rocha.

O muíño da Rocha está situado no río da Lagoela, entre A Lagoela e A Rocha. Foi construído en pedra e madeira hai máis de 100 anos. Era privado, pertencente á casa pegada ao muíño. Era de rodicio, e moíase millo ao día, mesmo máis de 150 kg. Na actualidade está en ruínas.

Muíño de Gervasio[editar | editar a fonte]

Muíño de Gervasio.
Muíño de Gervasio.

Atópase no río da Rigueira, na aldea de Tarolo. Foi construído hai máis de 100 anos, e está composto por lousa e pedra. Era privado e o seu mecanismo era de rodicio. Moía todo tipo de cereal e agora está restaurado.

Muíño de Penacurva[editar | editar a fonte]

Muíño de Penacurva.

Está no río da Rigueira, en Tarolo. Foi construído hai máis de 100 anos en lousa e pedra. Era privado e o seu mecanismo era de rodicio. Moía todo tipo de cereal e agora está restaurado.

Muíño de Villarquide[editar | editar a fonte]

Muíño de Villarquide.

Está no curso do río da Rigueira, en Cornide. Foi construído hai máis de 100 anos en lousa e pedra. Era privado e o seu mecanismo era de rodicio. Moía todo tipo de cereais, e agora está deteriorado e non funciona.

Muíño de Meixide[editar | editar a fonte]

Muíño do Meixide.

Está no curso da Rigueira, na Ponte do Carro. Foi construído hai máis de 100 anos en lousa e pedra. Era privado e o seu mecanismo era de rodicio. Moía todo tipo de cereais, e agora está deteriorado e non funciona.

Muíño de Paleo[editar | editar a fonte]

Muíño de Paleo.

Está no curso do río da Rigueira, en Cornide. Foi construído hai máis de 100 anos en lousa e pedra. Era privado e o seu mecanismo era de rodicio. Moía todo tipo de cereais, e agora está deteriorado e non funciona.

Muíño do Muiñeiro[editar | editar a fonte]

Muíño do Muiñeiro.
Muíño do Muiñeiro.

Está situado no río Corres, en Portocelo. Foi construído hai máis de 125 anos en pedra e lousa adxunto á casa do muiñeiro. Era privado, de maquía. O seu mecanismo era de rodicio, e este era de madeira. Nel, moíase só millo, e agora está en desuso.

Muíño de Gondar[editar | editar a fonte]

Está situado no río Gondar, na aldea de Gondar. Foi construído hai máis de 250 anos en pedra cunha firme cuberta de lousa. Era privado e nel moían 16 persoas. Tiña mecanismo de rodicio, e moía todo tipo de cereais, aproximadamente 70 quilos ó día. Agora está en ruínas.

Muíño do Rito[editar | editar a fonte]

Atópase no río Xilán, na rúa do Camiño Real, en Cruceiro. Foi construído en 1940 a pedra, con maquinaria de ferro e pedra. Era de maquía e de rodicio, e moíase trigo, uns 200 kg por día. Actualmente non funciona pero está en bo estado.

Muíño de Fabás[editar | editar a fonte]

Está no curso do río da Rigueira, en Cornide. Foi construído hai máis de 100 anos en lousa e pedra. Era privado e o seu mecanismo era de rodicio. Moía todo tipo de cereais, e agora está deteriorado e non funciona.

Resumo[editar | editar a fonte]

Cadro dos muíños de Xove.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]