Portocelo, Xove
Portocelo | |
---|---|
Praia de Portocelo. | |
Concello | Xove[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°43′28″N 7°31′46″O / 43.724444444444, -7.5294444444444 |
Poboación | 265 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Tirso de Portocelo é unha parroquia do concello lugués de Xove. Ten cinco núcleos de poboación. Segundo o Instituto Galego de Estatística,[2] en 2020 tiña 265 habitantes (140 homes e 125 mulleres).
Territorio
[editar | editar a fonte]Na súa costa está a enseada de Portocelo, que serve de abrigo ao portiño, e onde tamén se sitúan tres praias que quedan comunicadas coa marea baixa. Máis ao oeste a costa é máis accidentada. Os accidentes máis importantes son a Punta de Roncadoira, onde se sitúa o faro de Punta Roncadoira, sendo o extremo máis setentrional deste tramo de costa, Punta da Mansa e Punta Saíñas. Así mesmo, a escasa distancia da costa hai un conxunto de pequenas illas coñecidas como Os Netos e situado entre Punta da Mansa e Punta Saíñas.
Economía
[editar | editar a fonte]Os sectores económicos principais son a pesca e a agricultura. O marisqueo foi tradicionalmente un recurso auxiliar para as familias labregas e na actualidade o percebe e ourizo son explotados profesionalmente. Canto á pesca, a frota que ten como base o porto de Portocelo redúcese a un pequeno número de embarcacións tradicionais. A agricultura é outro dos sectores económicos máis importantes da parroquia. Destacan o cultivo do millo, grelos e pataca. A explotación dos montes de eucalipto constitúen unha importante fonte de ingresos para os habitantes da zona.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de San Tirso, cuxas ruínas aínda se poden ver en Portocelo,[3] e a igrexa de Vilachá, construída no século XX en substitución da primeira.
Historia
[editar | editar a fonte]Na década de 1970 Fenosa promoveu a construción dunha central nuclear no lugar de Regodela. Este proxecto encontrou unha forte oposición tanto na sociedade galega da época como nos habitantes da zona, e o 10 de abril de 1977 tivo lugar unha manifestación histórica, na que 8.000 persoas marcharon desde Viveiro até Xove.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Praia de Portocelo.
-
Casas en Portocelo.
Lugares de Portocelo
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Portocelo no concello de Xove (Lugo) | |
---|---|
Canelas | Portocelo | San Cristovo | Vilachá | Vilapol |
Parroquias de Xove
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021.
- ↑ Manuel Gago Mariño (16 de maio de 2011). "A sorpresa que gardaba San Tirso de Portocelo". Capítulo Cero.