Cordeiro, Valga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cordeiro
igrexa parroquial
ConcelloValga[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°41′35″N 8°40′56″O / 42.69305556, -8.68222222Coordenadas: 42°41′35″N 8°40′56″O / 42.69305556, -8.68222222
Poboación2.062 hab. (2022)
Entidades de poboación21[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Comba de Cordeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Valga. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 2.062 habitantes (990 homes e 1.072 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.327 habitantes.

Está situada ao pé do monte Fontebecha, a última altura significativa cara ao norte do cordal no que se atopa o Monte Xiabre.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1028 Bermudo III doou esta vila ao bispado de Compostela. Nese momento o topónimo era Cordario[3]. No lugar existiu un mosteiro até 1478, na súa orixe feminino e despois de cóengos.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Até o século XVIII existiu a Igrexa vella de Santa Comba de Louro, construción medieval sobre un templo tardorromano. Logo do seu abandono, a súa pedra foi utilizada para a construción da actual igrexa, situada 300 m máis ao norte.

A igrexa parroquial é unha colexiata de estilo barroco, rematada en 1733. Ten planta de cruz latina con bóveda de canón e cuberta a dúas augas. O cruceiro ten bóveda de aresta e cuberta a catro augas. A nave está dividida en tres tramos por arcos faixóns. No primeiro hai altares laterais con arco de medio punto, no segundo xanelas cadradas formando lunetos na bóveda, e no terceiro coro con balaustrada. A sancristía está acaroada á ábsida. A fachada ten porta alintelada moldurada, fornela con volutas, xanela rectangular, remate a dúas augas con pináculo e cruz. A torre – campanario é lateral con decoración de placas e escaleira de subida con patín sobre columnas.

Embutido na parede dunha casa particular do lugar de Beiro consérvase un panel dun baldaquino que representa o nacemento de Xesús.

No lugar de Vilar érguese un cruceiro de capela, único exemplar que se conserva nesta tipoloxía fóra da súa área de distribución, que se limita á comarca de Barbanza.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cordeiro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cordeiro no concello de Valga (Pontevedra)

Balleas | Barcia | Barro | Beiro | A Canle | A Carballa | Carracido | A Casanova | Castiñeiras | Os Cotriños | As Eiras | Ferreirós | O Forno | A Gandra | Laxes | Moldes | O Outeiro | Socastro | A Torre | Vilar | Vilarello

Parroquias de Valga[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Valga

Campaña (Santa Cristina) | Cordeiro (Santa Comba) | Setecoros (San Salvador) | Valga (San Miguel) | Xanza (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]